III edición do Concurso de microrrelatos e micropoemas

No certame, convocado polos equipos de normalización lingüística dos centros de ensino da Estrada, resultaron premiados/as os/as seguintes alumnos/as do noso centro: David Barbeito Rebolo (1º C ESO), Ainhoa Vivel Couso (4º A ESO) e Laura López Rey (2º C BACH), na sección de microrrelatos e Hugo Barruso Arias (1º C ESO), Nicolás Luna Puente (4º C ESO) e Román Constenla Fontenla (1º C BACH), na sección de micropoemas.
Os traballos gañadores, que serán publicados proximamente nun libro colectivo, xa se encontran no web de normalización do centro. Podedes acceder a eles picando nesta ligazón: blogue de creación literaria.

Premiados 2016.jpg