Saída cultural á cidade de Porto
Enviado por Vicedirec. o 18 Novembro, 2014 - 19:25
Organizada polos departamentos de Música e Filosofía terá lugar, os días 28 e 29 de novembro (venres e sábado), unha visita de alumnos/as de 1º e 2º de bacharelato do noso Centro á cidade lusa de Porto. Durante a mesma realizaranse as seguintes actividades: visita ao Musseu Serralves e ao Centro Histórico da cidade, e realización do curso “Músico por un día: instrumentos tradicionais portugueses”. O alumnado estará acompañado polos profesores: María Varela e Arturo Vizcarra.