DOCUMENTOS DA ACTIVIDADE DE FORMACIÓN DE USUARIOS

Actividade de formación de usuarios: "Visita á biblioteca"

Contidos:

  • Revisión dos servizos e normas da biblioteca.
  • Organización dos documentos na biblioteca.
  • Clasificación Decimal Universal; sinatura.

Desenvolvemento da actividade:

  • ¿Onde están os libros?.
Ó alumnado, distribuído en grupos de 5 persoas, pregúntaselle se poderían atopar rapidamente determinada información entre os documentos da biblioteca. O obxectivo é a toma de conciencia da necesidade de coñecer a organización espacial da biblioteca.
Unha vez conseguido isto faise un rápido percorrido polas diferentes seccións, identificando cada unha delas, e recolleremos libros dalgunhas materias para levalos á mesa. Seleccionaranse do seguinte xeito.
  • Este libro leva unha cousiña pegada: Sinatura, elementos, funcións.
Cos libros que se traen ás mesas, fixámonos na sinatura do lombo e establecemos un torbellino de ideas acerca do seu significado e función, en primeiro lugar, dos números e progresivamente das letras maiúsculas e das minúsculas. Para axudar ó alumnado neste proceso inductivo, os libros das mesas reunirán as diferentes materias englobadas na primeira clase. Por exemplo, na mesa 1 haberá un libro de Xeografía; na mesa dúas, un de Biografías; na mesa tres, un de Historia xeral; na mesa catro, un de Historia de España; e na mesa cinco, un de Historia de Galicia. Deste xeito, daranse conta de que non chega con poñer un número, senón que precisamos un segundo, un terceiro número, etc.

Grupo 1

Grupo 2

Grupo 3

Grupo 4

Grupo 5

Xeografía

Biografías

Historia xeral

Historia de España

Historia de Galicia

Feito isto, explícanse as diferentes clases da CDU.

  • Atoparán Sinaturas de libros de diferentes materias e terán que escribir a que materia corresponde empregando o caderno da CDU; despois terán que buscar algúns dos "libros misteriosos" e levalos á mesa para comprobar os datos dos elementos que compoñen a sinatura.
Material: planilla de sinaturas para cada grupo.
  • Localización dos libros nas estanterías e resolución das cuestións que se plantexan.
Material: unha folla de sinaturas que inclúe unha cuestión a resolver cando atopen o libro.
  • Colocación dos libros na estantería e no lugar correspondente. Cada alumno/a colocará un libro.

DOCUMENTOS EN *.pdf.

CDU

ACTIVIDADES CDU

ACTIVIDADE DE SINATURA E PREGUNTAS