Grupo Convivencia

Fomentando a convivencia, educar en valores

Os días 11, 12 e 13 de Febreiro o alumnado de 2º de ESO está a traballar a igualdade e aspectos da convivencia cos técnicos Susi Payo e Celso Taboada do Servizo de Igualdade do Concello de Lalín.

Estereotipos de xénero, Bullying, formas de reaccionar..., son algúns dos aspectos a tratar de xeito ameno e coas distintas opinións de todo o alumnado.  

 

 

Día da Paz

Os departamentos de Relixión, Orientación e Plástica conmemoraron o 30 de Xaneiro , Día da Paz, con dúas exposicións tituladas: "A paz nas distintas relixións" e  " A Paz: do A ao Z".

Na primeira o alumnado buscou frases célebres de persoaxes representativos de cada relixión , co obxectivo de  mostrar que todas elas perseguen o mesmo fin: A Paz, un punto máis no logro da harmonía. 

Coas distintas letras do alfabeto o alumnado e titores de ESO eleboraron tamén listados de  palabras para conmemorar este día.

Aquí tes algunhas fotos.

Teatro Fórum de Igualdade

Teatro Fórum de Igualdade

 

Os días 21 e 27 de Xaneiro realizamos, coa colaboración das monitoras da Asamblea de Cooperación pola Paz (Santiago), o segundo Teatro Fórum para o alumnado de 1º de ESO.

Reflexionaron e aprenderon sobre Igualdade de Xénero, respecto e convivencia.... mediante dinámicas amenas e  lúdicas.

 

Para ver máis bótalle un ollo á galería de fotos.

Aprendendo a convivir

Aprendo a convivir

 

Novamente a educadora social Isabel Presas do centro Quérote+ colabora con nós no Obradoiro de Convivencia para o alumnado de 3º de ESO enmarcado dentro do Plan Proxecta.

O alumnado aprendeu a convivir, poñendo en práctica habilidades como a escoita activa, asertividade, empatía,...

Fai clik aquí para ver algunhas imaxes.

 

 

Xornada de Convivencia co alumnado de 1º ESO

O venres 5 de outubro, 88 alumnos de 1º da ESO e oito profesores participamos nunha xornada de xogos cooperativos, castañas e refrescos á sombra da carballeira do Rodo. A actividade, promovida desde a Comisión da Convivencia, ocupou un recreo e as tres últimas sesións de clase. Con ela perseguíase un mellor coñecemento e achegamento entre alumnos e docentes de 1º da ESO. Fixemos moitas fotos.

Xornada de Convivencia

Plan de Convivencia do I.E.S. Laxeiro

Despois de moitas reunións e moito traballo xa foi elaborado o Plan de Convivencia. Desde a Comisión de Convivencia tratamos de que sexa un plan aplicable e práctico e que, sobre todo, axude a mellorar a convivencia no centro. Esperamos que sexa un punto de partida, xa que é un plan que revisaremos tódolos cursos, mellorando ou cambiando as actividades segundo a avaliación final que fagamos de cada unha delas.

Tamén trataremos de darlle unha maior participación ao alumnado mediante a creación dos Consellos de Aula e mediante a dinamización da Asemblea de Delegados.

O Plan xa foi aprobado polo claustro e polo Consello Escolar e será aplicado no vindeiro curso 2010-2011.

Distribuir contido