Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Visita á residencia As Dores no marco do proxecto Tunnel of Time - Erasmus+No día de hoxe visitamos a residencia As Dores, no marco do proxecto Erasmus+ Tunnel of Time. Unha toma de contacto dentro deste proxecto de colaboración cos tres países socios, Finlandia, Francia e Turquía. As actividades do proxecto levaranse a cabo dun modo parello nos tres países para logo compartir as experiencias. Xa que vivimos nun mundo cada vez máis interconectado, globalizado, onde cada vez nos movemos máis, é importante coñecer outras culturas, outras linguas e adquirir habilidades sociais, para a vida. Somos cidadáns europeos que temos ou teremos a posibilidade de traballar e vivir noutros países. E por iso queremos cooperar con xente doutros países pero tamén con persoas do noso pobo, de diferentes idades, achegándose a cultura e valores propios. Coñecer á residencia e os seus residentes é un primeiro paso.
» |
Novos números
|