Skip to Content

Escolares

ACTIVIDADES DE XANEIRO (II)

VISITA Á AXENCIA TRIBUTARIA

O alumnado de Economía de 4º ESO A visitou o pasado mércores a Delegación da Axencia Tributaria para ver as instalacións e recibir un curso sobre impostos e servizos públicos, administracións públicas e presupostos, impostos directos e indirectos e fraude fiscal... Cousas de grande interese público e privado, segundo se comprende polos nomes. Ah! Tamén se falou de Cristiano Ronaldo, aproveitando a presenza deste astro balompédico en Madrid na mesma xornada da actividade e a súa amable disposición a cumplir cos deberes do fisco...

Unha fotiña para lembrar o acontecimento (o do noso alumnado, por suposto, non o outro).

Axencia tributaria

ACTIVIDADES DE XANEIRO (I)

Visita ao Porto da Coruña (1º ESO A)

O pasado luns día 14 de xaneiro o alumnado de 1º ESO A visitou o Porto da cidade dentro do ciclo de visitas guiadas organizado coa colaboración do servizo de educación do Concello. Os nenos e nenas foron acompañados polo profesorado de Xeografía e Historia e recorreron as instalacións: desde a doca de trasatlánticos ata a lonxa, onde, tristemente, non entrara no día moito pescado (sí pescada, como se ve nas fotos). Na web do Porto da cidade pode atoparse bastante información didáctica destinada a estudantes.

01020311
08071004
 0906 

 

Visita ao Museo de Belas Artes (1º BACH)

 Aproveitando o mesmo plan de visitas concertadas a través do Servizo de educación do Concello da Coruña, o alumnado de 1º de Bacharelato acudiu o mércores 16 de xaneiro ao Museo de Belas Artes na Rúa Zalaeta. O alumnado tivo alí tempo para reflexionar sobre os problemas da estética e sobre a interpretación de diversas obras representativas das distintas épocas representadas na colección permanente do Museo. Vaites! Tamén aproveitaron para debuxar un anaco: non parece que saíra da actividade ningún Picasso nen ningunha Frida Kahlo... Pero dádelle tempo!

01020307
04LOGO0506

FIN DE TRIMESTRE NO IES ELVIÑA

O IES ELVIÑA
desexa Felices Festas

Como cada decembro, despedimos o ano co festival de Nadal. Gemma López encargouse da realización, con tanto éxito e gosto como de costume. O alumnado de todos os grupos traballou arreo para ofrecer a todo o público un espectáculo de calidade. 

festival

Houbo teatro, música de grupos, de solistas, e monólogos cómicos. Fallou o baile: os zapatos non chegaron a tempo... (...outra vez será!). O calor das actuacións tivo resposta no calor do público, que aplaudiu con gañas. Boa forma de rematar o ano. De últimas, proxectouse o vídeo das actividades coa felicitación da comunidade escolar para o ano que ven. Aí vai, cos nosos mellores desexos.

Boas festas e feliz aninovo
a todos e todas!

  

SES en concerto para o IES ELVIÑA

     Entre as cantautoras que, desde hai xa uns anos, destacan no panorama galego polo seu talento e impulso creador, brila con especial luz a coruñesa María Xosé Silvar, máis coñecida entre a concurrencia de afeizoados como SES. O que se cadra xa non se coñece tanto é que Sés foi alumna do noso IES Elviña, cando aínda era instituto de bacharelato, claro.

Ses discoSes02

     Non por esa razón, pero sí entre outras, Sés recibiu no auditorio do Centro Ágora da cidade ao noso alumnado para ofrecer un concerto con cancións dos seus últimos discos. Os rapaces foron acompañados Alfonso, Belén e Edita, que desfrutaron do concerto e da charla posterior. Sés amosou o seu excelente carácter e falou cos rapaces dos valores que alentan na súa música: respecto, igualdade, dereito, compromiso. Ao rematar a charla, testemuñas as fotos feitas por Janna, retratouse con toda a chavalada, coma quen se achega á familia. Houbo, segundo ben se ve, fervenza de "selfis".

010304
050607
080910
111213

UN ANO MÁIS COA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA

Comezado o curso musical, a extraordinaria Orquestra Sinfónica de Galicia volta coa súa oferta de ensaios públicos para centros escolares e concertos didácticos. Como xa é costume, o IES Elviña participa por obra e gracia da vontade inquebrantable da nosa benquerida Gemma, profesora de música e eventual acompañante ás saídas concertísticas dos nosos rapaces. Ao longo do curso, o noso alumnado poderá escoitar obras de moi diversos autores e estilos. A Guía dos concertos pode consultarse neste enlace.

     Neste mes, os alumnos de 2º ESO A puideron escoitar a fermosa Suite de valses do Cabaleiro da Rosa do vienés Richard Strauss e a pimpante Rapsody in Blue do neoiorquino George Gershwin, grande maestro da música popular norteamericana. Ambas obras foron dirixidas por Andrew Litton o día 16 de novembro. Na semana seguinte tocoulle o turno ao grupo de 2º ESO B, que, desta vez, escoitaron unha obra de talante ben distinto, a densa, profunda e tráxica 7ª Sinfonía Leningrado do máis ilustre e desesperanzado dos músicos soviéticos, o grande Dmitri. Outro Dmitri (tamén grande, pero non tanto...) actuou como director da OSG, o seu titular, Dima Slobodeniouk. Os rapaces ficaron con gañas de máis...

Outra vez será!

2b

Distribuir contido


by Dr. Radut