Skip to Content

MATRÍCULA 2022-2023. RESOLUCIÓN DA RESERVA DE PRAZA

INFORMACIÓN MOI IMPORTANTE PARA FAMILIAS QUE SOLICITARON
RESERVA DE PRAZA DESDE CENTROS ADSCRITOS

Despois de recibir e validar no noso centro todas as solicitudes de reserva de praza procedentes dos nosos centros adscritos (CEIP Alborada, CEIP Novo Mesoiro, CEIP Plurilingüe Manuel Murguía e CEIP Salgado Torres), informamos aos solicitantes que as prazas vacantes dispoñibles no centro para 1º de ESO NON CUBREN TODAS AS SOLICITUDES DE RESERVA REALIZADAS polo que TODOS OS SOLICITANTES DEBERÁN SOLICITAR NOVAMENTE PRAZA DENTRO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E BAREMACIÓN QUE SE INICIA O VINDEIRO 1 DE MARZO.

*          *          *

A INFORMACIÓN SOBRE O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

PODEN CONSULTALA NA ENTRADA DA WEB QUE ESTÁ A CONTINUACIÓN DESTA

ADMISIÓN PARA O CURSO 2022-2023

[RESUMO do portal da Consellería de cultura]

 

A. INFORMACIÓN SOBRE O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

     O procedemento de admisión para alumnado de centros adscritos sen praza ou para o alumnado doutros centros estará aberto entre o día 1 de marzo e o día 21. O trámite de admisión poderá realizarse na secretaría do primeiro centro de elección ou a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED550B) se o/a solicitante posúe certificado electrónico ou Chave 365.

 

B. DOCUMENTACIÓN INDISPENSABLE [Descargar]

a. Formulario de admisión ANEXO II ED550B cuberto e asinado polos dous proxenitores.

b. Formulario de comprobación de datos ANEXO IIbis no que consten TODOS os membros da unidade familiar coas súas sinaturas.

c. Fotocopia do DNI do/a alumno/a ou copia do Libro de familia onde o/a alumno/a figure (deberá traerse tamén o orixinal para o cotexo). Para facilitar a corrección de erros frecuentes cos datos persoais, copia dos DNI de todos os membros da unidade familiar.

d. Boletín de cualificacións de xuño/setembro ou certificación académica do/a alumno/a (orixinal ou copia cotexada).

e. No seu caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio (completa).

 

C. PRAZOS E BAREMACIÓN

     Os prazos do procedemento, segundo a Orde de 12 de marzo de 2013, serán os seguintes:

   1. PRESENTACIÓN
   DE SOLICITUDES
   Do 1 de marzo ao
   21 de marzo, incluídos
   2. INFORMACIÓN SOBRE
   PRAZAS NON SUFICIENTES
   Día 21 de marzo
   3. PRAZO DE APORTACIÓN DE
   DOCUMENTOS PARA BAREMACIÓN
   Entre o 24 de marzo e o
   6 de abril, incluídos
   4. PUBLICACIÓN DE
   LISTAXES PROVISIONAIS
   Día 25 de abril
   5. PRAZO DE RECLAMACIÓNS
   CONTRA AS LISTAXES PROVISIONAIS 
   Entre o 26 de abril e o
   2 de maio, incluídos
   6. PUBLICACIÓN DE
   LISTAXES DEFINITIVAS
    Día 15 de maio
   7. FORMALIZACIÓN
   DA MATRÍCULA
    Entre o 25 de xuño
    e o 10 de xullo

 

1. Presentación de solicitudes. Entre o 1 e o 21 de marzo. Todas as presentadas despois deste rango de datas serán solicitudes Fóra de prazo e quedarán automaticamente excluídas.

2. Información de prazas non suficientes. No caso de non existir prazas suficientes para algún dos cursos, esta circunstancia farase pública o día 21 de marzo a través desta páxina web e do taboleiro informativo da secretaría do IES Elviña. Esta circunstancia obrigará á baremación das solicitudes. Os criterios de baremo e a súa xustificación documental responderá ao indicado na lexislación vixente (CRITERIOS DE BAREMACIÓN).

3. Prazo de aportación de documentos para baremación. Os solicitantes disporán de 10 días hábiles para entregar a documentación que acredite os criterios de baremo que alegasen nos formularios de admisión. Esta documentación, para facilitar o proceso, poderá ser entregada xunto co resto da documentación no período de presentación de solicitudes. IMPORTANTE: NON SE CHAMARÁ A NINGUÉN PARA RECLAMAR A ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN.

4. Publicación de listaxes provisionais. As listaxes provisionais faranse públicas únicamente no taboleiro da secretaría do centro ou a través da aplicación electrónica. Na páxina web do centro darase conta da súa publicación cando se produza.

5. Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais. As reclamacións deberán presentarse no prazo disposto a través de instancia escrita e asinada na secretaría do centro, facendo constar razoadamente a causa da reclamación. Finalizado o prazo de reclamacións, o consello escolar do centro avaliará e resolverá as reclamacións presentadas.

6. Publicación de listaxes definitivas.

 Adorno

Referencias lexislativas aplicables

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación [DOG do 11 de febreiro de 2022]

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación [DOG 15 de marzo de 2013] 

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación [DOG 1 de febreiro de 2017]

ENLACE COA INFORMACIÓN COMPLETA DE SECRETARÍA SOBRE O PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA

Día da Muller e a Nena na Ciencia: Actividade do IGFAE

Día da Muller e a Nena na Ciencia IGFAEO Día da Muller e a Nena na Ciencia incluiu entre outras actividades unha Masterclass no Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, na que se exploraban datos do experimento CMS do Gran Colisionador de Hadróns do CERN, en Suiza, o acelerador de partículas máis grande do mundo.

A exclusividade do evento fixo que houbera que limitar a participación a dúasDiplomas alumnas por centro. Aínda que iso fixo que algunhas compañeiras tiveran que quedar, o centro non puido estar mellor representado que polas nosas queridas Alicia e Sofía, do Club de Ciencia, acompañadas por Isabel, a súa profesora de Física e Química.

A xornada completa de traballo constou de varias charlas moi especializadas e sesións prácticas de traballo nas que se asomaron á última fronteira da Física subatómica máis punteira, explorando os límites do modelo estándar, traballando con ferramentas reais de detectores de partículas en uso e poñendo en común os resultados mediante videoconferencia co CERN.

A galería de imaxes e vídeos da conta da intensidade do día e testemuña o merecido recoñecemento que recibiron en forma de diploma pola súa participación. Parabéns!

 

Foto01Foto02Foto03Foto04
Foto05Foto08Foto09Foto11

 

Club de Ciencia: Visita Aula Newton

O alumnado de 3º ESO do Club de Ciencia visitou o venres pasado a Aula Newton ubicada no Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas. As "Aulas Newton" son unha prestixiosa iniciativa de espazos de aprendizaxe presentes en dez paises europeos e auspiciados por unha organización noruega sen ánimo de lucro, e concretamente a visitada polo alumnado do IES Plurilingüe Elviña é a primeira e única actualmente dispoñible en toda España.

Acompañados por docentes dos departamentos de Tecnoloxía e Matemáticas, e coa colaboración da auxiliar de idiomas do centro, o alumnado seguiu o programa da actividade "Volamos con números: una aventura aérea". Cun deseño da xornada fermosamente interdisciplinar tiveron que aplicar os seus coñecementos de idiomas, Física, Matemáticas, Tecnoloxía, Xeografía e TIC entre outros. Como colofón puxeron a proba as súas destrezas prácticas no simulador de voo da robusta Cessna 172 en tarefas de socorrismo aéreo no entorno de Bodø (Noruega). E abofé que a moitos deles non se lles daba nada mal para ser o seu primeiro intento!

O remate da fructífera xornada foi o desenvolvemento dun obradoiro de ensamblaxe de drons controlados mediante app móbil. E como non, inevitablemente con estes 3º ESO xa feitos uns intrépidos do aire, a proba dos devanditos drons nun esixente circuito de obstáculos interiores! Sobre o resultado neste caso... digamos simplemente que pagou o seguro.

No albúm a continuación (clickar na foto para acceder) quedan as imaxes que testemuñan o impacto pedagóxico e motivador, e a grata lembraza que todos os participantes trouxemos do evento. A nosa gratitude aos docentes Newton anfitrións da xornada e a todo o persoal de Tecnópole pola súa amabilidade.

Álbum: Club de Ciencia -> Aula Newton 2021/22

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ESTANCIAS NO ESTRANXEIRO

Actividades de formación no estranxeiro para alumnado de Bacharelato

Hoxe 3 de febreiro publícase no DOGA a Convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación no estranxeiro no ano 2022. A convocatoria vai destinada a alumnado que estea matriculado no 1º ou 2º curso de Bacharelato cunha nota mínima de 6 na materia de inglés (no curso 20/21). O prazo de participación estará aberto entre o 1 e o 28 de febreiro. A presentación das solicitudes realízase de xeito telemático (a través da sede electrónica) ou a través de rexistro oficial. Toda a información sobre a convocatoria, poden atopala na propia convocatoria ou neste enlace.

Distribuir contido


by Dr. Radut