Skip to Content

Sistema educativo

A Consellería pon a disposición dos centros Abalar unha versión para atender á diversidade funcional do alumnado

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a disposición dos centro Abalar unha versión accesible pensada para atender á diversidade funcional do alumnado.

Así, e dentro do proxecto Abalar, a Consellería de Educación, en colaboración coa ONCE e a asociación TADEG@ , pon a disposición dos centros educativos unha solución accesible para o equipamento do alumnado que contempla a diversidade dos alumnos e alumnas e as súas necesidades. Para máis información prema na imaxe

A Consellería publica a convocatoria das probas de acceso á Ciclos de Grao Medio e Superior de Formación Profesional

A Consellería de Educación publica a Resolución da Convocotaria das probas de acceso a Ciclos Formativos de Formación Profesional.

O prazo de matrícula para as probas de acceso a Ciclos de Grao Superior é do 23 de Xaneiro ó 3 de febreiro e das probas de acceso a Ciclos de Grao Medio é do 27 de febreiro ó 9 de marzo.

Para máis información podedes poñervos en contacto ca orientadora do centro a través dos titores.

Tamén pódese ver toda a información sobre estas probas (prazos, datas de exames, temarios, probas de anos anteriores...) no link que se pode acceder premendo a imaxe.

Pódese descargar a Resolución da convocatoria no ficheiro adxunto

Actuación das alumnas do IES de Valga Maite Rodríguez e Verónica Fernández no programa da TVG "Un mundo para nenos"

As alumnas do noso IES Verónica Fernández e Maite Rodríguez actuaron na pasada noiteboa no programa da TVG "Un mundo para nenos". Na páxina do Concello aparece colgado o momento da súa actuación . Noraboa para as duas.

Para ver o enlace da actuación  prema na imaxe

NOVO: publicadas as notas de corte na CIUG

Para ver a información prema a imaxe

Información do Concello de Valga sobre cursos e convocatorias destinadas á mocidade

Premendo na imaxe do escudo pódese consultar información do mes de novembro do Concello de Valga sobre cursos, obradoiros e convocatorias destinadas á mocidade.
Distribuir contido


by Dr. Radut