Skip to Content

A Consellería pon a disposición dos centros Abalar unha versión para atender á diversidade funcional do alumnado

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a disposición dos centro Abalar unha versión accesible pensada para atender á diversidade funcional do alumnado.

Así, e dentro do proxecto Abalar, a Consellería de Educación, en colaboración coa ONCE e a asociación TADEG@ , pon a disposición dos centros educativos unha solución accesible para o equipamento do alumnado que contempla a diversidade dos alumnos e alumnas e as súas necesidades. Para máis información prema na imaxe


page | by Dr. Radut