Skip to Content

Sistema educativo

Aberto o prazo para solicitar o fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Publicada, no DOG do día 20 de maio de 2024, a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar dirixidas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.

O prazo único para a presentación das solicitudes e da documentación complementaria comeza o día 21 de maio e remata o 21 de xuño.

Máis información no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/  ou no ficheiro anexado a esta nova.

Acreditación das competencias dixitais do alumnado da ESO e Bacharelato

NOTA INFORMATIVA

Resolución do 28 de febreiro de 2024, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato de Galicia no curso 2023/24.

Amplíase ata o 15 de marzo o prazo de solicitude e inscrición nas probas específicas para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa 4º de educación secundaria obrigatoria e 2º de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

Máis información picando neste enlace:https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42513 ou no ficheiro adxunto.

Aberto o prazo para solicitar o fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Publicada, no DOG do día 19 de maio de 2023, a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar dirixidas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24.

O prazo único para a presentación das solicitudes e da documentación complementaria comeza o día 20 de maio e remata o 21 de xuño.

Máis información no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ ou no ficheiro anexado a esta nova.

Ampliación da axuda para adquirir material escolar

Aviso importante

Vense de publicar no Diario Oficial de Galicia as instrucións sobre a concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar regulada na Orde do 29 de abril de 2022. Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€.

A resolución e instrucións relacionados con esta ampliación poden consultarse  nos ficheiros adxuntos a esta nova.

Últimos días para solicitar os campamentos de verán Xunta de Galicia

campamentos veran

Baixo o lema "O verán que queres contar", a Campaña de Verán de 2022 da Xunta de Galicia  oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:

  • Campamentos en Galicia.
  • Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
  • Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.
  • Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.
  • Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades.
  • Ata os 17 anos.
  • Segundo as edades varían os destinos e as datas.

Toda a información en https://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

Distribuir contido


by Dr. Radut