Skip to Content

Sistema educativo

Convocado o fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Publicada, no DOG do día 18 de maio de 2022, a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar dirixidas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.

O prazo único para a presentación das solicitudes e da documentación complementaria comeza o día 19 de maio e remata o 22 de xuño.

Máis información no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros ou no ficheiro anexado a esta nova.

Calendario de tramitación das bolsas para o estudantado curso 2022-2023

O Ministerio de Educación e Formación Profesional e o Ministerio de Universidades estableceron un novo calendario de tramitación das bolsas para o estudantado. O prazo remata o vindeiro 12 de maio. Con posterioridade non será posible solicitar bolsas para cursar estudos durante o ano académico 2022-2023.

Este prazo débeo ter en conta especialmente o alumnado de último curso de calquera etapa educativa que no ano académico 2022-2023 vaia iniciar estudos superiores.

Toda información pode consultarse na páxina do MEC (Ministerio de Educación).

Cartel becas curso 2022-2023

Convocatoria de bolsas de estudos para niveis postobrigatorios curso 2022-2023

AVISO IMPORTANTE: convocatoria de bolsas de estudos para niveis postobrigatorios curso 2022-23

O novo prazo da convocatoria de bolsas de estudos para niveis postobrigatorios abriu o mércores 30/03/2022 e estará aberto ata o 12/05/2022. Con esta nova aparece o cartel informativo elaborado polo Ministerio de Educación.
É importante que o alumnado pida a bolsa neste prazo aínda que non saiba o que vai estudar nin onde nin si vai seguir estudando xa que, doutro xeito, non a poderá pedir para o curso 2022/23 (os datos académicos son provisionais e en setembro, previsiblemente, poderá acceder de novo á solicitude para modificalos).
Tamén vos recordar que se hai alumnado da ESO que teña intención ou sexa candidato a cursar FP Básica no curso 2022/23 tamén deben solicitar a bolsa dentro deste prazo se queren optar a ela.

Toda información pode consultarse na páxina do MEC (Ministerio de Educación).

Bolsas de estudos estudos postobrigatorios2022-2023

Convocatoria das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior 2022

fp A Consellería de Educación publica a Orde da Convocotaria das probas de acceso a Ciclos Formativos de Formación Profesional.

O prazo de inscrición para as probas de acceso a Ciclos de Grao Superior é do 31 de xaneiro ao 11 de febreiro e das probas de acceso a Ciclos de Grao Medio é do 3 ao 16 de marzo.

Na convocatoria de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior para o ano 2022 as persoas solicitantes soamente poderán cubrir a solicitude de admisión ás probas a través da aplicación informática "Ciclosprobas", enlace para xestionar a inscrición ás probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional específica.

Para máis información sobre estas probas (prazos, datas de exames, temarios, probas de anos anteriores...) no enlace á páxina xunta fp/probas que se pode acceder premendo na imaxe ou nos ficheiros anexados a esta nova.

Convocado o fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Publicada, no DOG do día 20 de maio de 2021, a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar dirixidas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22.

O prazo único para a presentación das solicitudes e da documentación complementaria comeza o día 21 de maio e remata o 22 de xuño.

Máis información no seguingte enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/34002

Distribuir contido


by Dr. Radut