Skip to Content

Sistema educativo

Orde que regula procedemento de reclamación das cualificacións

Publicada a  Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2020-2021 e modelos oritentativos.

Máis información picando no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/33549

Lugar e sede da celebración das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio ordinaria 2021

probas de acceso CM 2021

Publicadas as datas, lugares e sedes de realización das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio de formación profesional do sistema educativo convocatoria ordinaria para o ano 2021. No caso do IES Valga:

Celebración da proba:                             27/05/2021

Centro onde se realizarán as probas:    CIFP A XUNQUEIRA ( Pontevedra)

Premendo na imaxe ou entrando na páxina xuntafp e seguindo a ruta que se indica de seguido, poderán acceder ás instruccións e calendario para a realización da proba.

 Xunta fp  - probas  - acceso a grao medio  - convocatoria 2021  - Instruccións para a realización das probas

Convocados os premios extraordinarios de Bacharelato curso 2020/21

Publicada a Orde do 9 de abril de 2021 pola que se convocan os premios extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2020/21 (código de procedemento ED311A).

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 27 de abril de 2021 e rematará o día 26 de maio de 2021.

Máis información no espazo web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Último día do prazo de inscrición para as probas de acceso a Ciclos de Grao Superior

probas de acceso CS 2021

Lembramos que o mércores 3 de marzo finaliza o prazo de inscrición para as probas de acceso a Ciclos de Grao Superior que comezara o pasado 18 de febreiro.

Tamén queremos recordar que o prazo de inscrición para as probas de acceso a Ciclos de Grao Medio será do 15 ao 26 de marzo.

Para máis información sobre estas probas (prazos, datas de exames, temarios, probas de anos anteriores...) no enlace á páxina xunta fp/probas ou premendo na imaxe.

Convocatoria das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior 2021

fp A Consellería de Educación publica a Orde da Convocotaria das probas de acceso a Ciclos Formativos de Formación Profesional.

O prazo de inscrición para as probas de acceso a Ciclos de Grao Superior é do 18 de febreiro ao 3 de marzo e das probas de acceso a Ciclos de Grao Medio é do 15 ao 26 de marzo.

Para máis información sobre estas probas (prazos, datas de exames, temarios, probas de anos anteriores...) no enlace á páxina xunta fp/probas que se pode acceder premendo na imaxe ou nos ficheiros anexados a esta nova.

NOTA: aínda que as solicitudes son telemáticas, teñen que ser presentadas no centro para a súa validación. O día para a presentación de ditas solicitudes no noso centro é o mércores de cada semana a ser posible.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut