Skip to Content

Proxecto dinamización

Entrega de premios do concurso do EDLG "Dillo en galego" 2015-16

1º premio "Dillo en galego" 2015-16 Julia Viqueira       2º premio "Dillo en galego" 2015-16 Laura Gil       3º premio "Dillo en galego" 2015-16 Diana Da Rocha

No segundo recreo do pasado mércores 16 de marzo celebrouse a entrega de premios do concurso “Dillo en galego”, organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística. Foron un total de 14 textos relacionados co amor que se puideron dar ata o 28 de febreiro. A entrega dos premios correu a cargo da Xefa de departamento do EDLG, Dulce Serramo, así como da Vicedirectora e Director  do noso Centro. O primeiro premio recaeu na alumna de 2º Bacherelato, Julia Viqueira, o segundo premio en Laura Gil de 4º ESO B e o terceiro en Diana Da Rocha de 4º ESO B. Tamén se entregaron dous premios de consolación entre o resto do alumnado participante que, tras efectuarse um sorteo, recaeron en Andrea Soter e María del Mar Sanmarco. Noraboa aos gañadores.

Premios do Concurso de Fotografía do EDL do IES Valga 2015-2016 "A figura humana"

1º premio concurso fotografía EDL 2015-16     Gañadores do Concurso de Fotografía 2015-16 do EDL

O pasado 5 de febreiro celebrouse a entrega de premios do Concurso de Fotografía do EDL 2015-2016 “A figura humana”. Nunha primeira fase, o xurado formado polo profesorado do noso Centro: Francisco Sebio, Blanca Barrio e Natalia López, elexiu as fotos finalistas e nunha segunda fase, todo o Centro estivo convidado a participar na escolla das fotos gañadoras mediante unha votación nos recreos do padsado 28 de xaneiro. 

O resultado final foi o seguinte:

1º premio, cun cheque por valor de 30 euros,  á foto titulada “Entre as árbores” de Nerea María Silva Martínez.

2º premio, cun cheque por valor de 20 euros, a cada un dos premiados, xa que se produciu un empate de votos, a Adrián Pardal Serramito pola súa foto “Praia das Catedrais” e a Carla Castiñeiras García pola foto “Conseguir un imposible”. 

 

Concurso de textos de amor: "dillo en galego" durante este mes de febreiro no IES Valga

Concurso "dillo en galego" arredor de textos de Amor  Concurso de textos de amor

   O Equipo de Dinamización Lingüística do IES de Valga proponche novamente o reto de  escribir sobre o amor. As bases que rexerán este concurso, "dillo en galego" son as    seguintes:

    1.- Podes facer unha carta, un poema, un haiku ….

    2.- O prazo de presentación finaliza o 28 de febreiro.

  3.- Os textos debes deixalos metidos nun sobre con nome e apelidos (podes usar un               pseudónimo) na caixa que está á entrada da biblioteca.

    4.- Haberá premios para os mellores textos

 

Fotos finalistas do III Concurso de Fotografía do EDL do IES de Valga

Picando aquí podedes ver as fotos finalistas do III concurso de fotografía  “ A figura humana” convocado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Valga.

Durante este mes de xaneiro organizaremos unha votación na Biblioteca para que elixades a que máis vos gusta.

Distribuir contido


by Dr. Radut