Skip to Content

Proxecto dinamización

Conmemoración do 181 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro no IES Valga

Homenaxe a Rosalía de Castro 2018 Homenaxe a Rosalía de Castro 2018 Un ano máis, conmemoramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Para este 181 aniversario, o alumnado de 3º ESO leu textos en prosa e en verso de distintas obras da grande autora do Rexurdimento Galego. Os participantes no acto foron agasallados, coma non podía ser doutro xeito, cunha flor de camelia.

Convocado o Concurso de Chíos de Amor "Dillo en galego"

"Dillo en galego" 2018  Concurso "Dillo en galego" 2018 O Departamento de Dinamización Lingüística do IES Valga convoca o Concurso de "Chíos de Amor. Dillo en galego", do que adxuntamos o cartel e que está aberto a toda a comunidade educativa. Na primeira imaxe desta nova están as instrucións de participación do concurso. Data límite de entrega de cartas: 28 de febreiro.  
   

Fotografía gañadora do V Concurso do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Foto gañadora V Concurso do EDL  Fotografías do V Concurso do EDL O EDL do noso Centro, trala votación celebrada esta semana, dou a coñecer a foto gañadora do V Concurso de Fotografía.  
   

Calendario 2018 do EDL do IES de Valga

Calendario 2018 do EDL do IES Valga  Xa temos  o noso calendario para o 2018. As fotos son as máis votadas do concurso de fotografía do IES de Valga do curso pasado. A maqueta realizouna Raúl Gómez Pato. Esperamos que vos guste tanto coma a nós. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega deséxavos un Bo Nadal

 
   

Calendario mensual do EDLG do IES Valga

Calendario mensual EDLG IES Valga  
   

 

Distribuir contido


by Dr. Radut