Skip to Content

Proxecto dinamización

Concurso de Chíos de Amor "Dillo en Galego"

Concurso chíos de amor do EDLG 2020

 

O Departamento de Dinamización Lingüística do IES Valga convoca o Concurso de "Chíos de Amor. Dillo en galego", do que adxuntamos o cartel e que está aberto a toda a comunidade educativa. Na primeira imaxe desta nova están as instrucións de participación do concurso.

Gañadores do concurso de vídeos de terror convocada polo EDLG

certame videos terror O Equipo de Dinamización da Lingua Galega deu a coñecer a relación de premiados do concurso de vídeos de terror arredor da celebración do Samaín. O vídeo gañador foi o realizado polo alumnado de 1º ESO A. Tamén fixeron unha mención especial ao vídeo "Draw my life", presentado por Laura Calvo e Miguel Romero de 2º ESO B. Outros vídeos presentados a este certame foron: o  gravado polo alumnado de 1º ESO B, "Halloween"por alumnado de 3º ESO B e o titulado "Unha noite a soas".

Picando sobre os enlaces pódese ollar cada un destes vídeos.

O EDLG presentou os vídeos de terror realizados polo alumnado

Vídeos terror EDLG outubro 2019 O EDLG organizou, durante os recreos da mañá do mércores 30 de outubro, unha proxección dos vídeos de terror que creou o noso alumnado para celebrar o Samaín. As proxeccións tiveron lugar na aula de Audiovisuais. A semana que vén daremos a coñecer o gañador do concurso convocado por EDLG.

Vídeos terror EDLG outubro 2019

Láminas do EDL do noso Centro

O EDL do IES Valga vén de realizar unha difusión dos nomes de paxaros e dos elementos da táboa periódica en lingua galega a través de dúas láminas que se poden ollar nesta nova. Esperamos que sexa de utilidade!!!!

paxaros

 

taboa periódica en galego

Distribuir contido


by Dr. Radut