Skip to Content

Proxecto dinamización

Alumnado de 1º Bacharelato asistiu á charla "Carvalho Calero e a lusofonía"

Alumnado de 1º Bacharelato na charla "Carbalho Calero e a lusofonía"

O martes 11 de maio, o alumnado de 1º Bacharelato asisitiu, na súa aula de referencia, á charla "Carvalho Calero e a lusofonía" impartida polo profesor Paulo Fernandes Mirás, especialista na obra de Ricardo Carvalho Calero e membro da Academia Galega da Lingua Portuguesa (AGLP). O alumnado puido coñecer aspectos como a norma estándar da Lingua Galega e a obra de Carvalho Calero. A actividadce foi organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro.

Alumnado de 1º Bacharelato na charla "Carbalho Calero e a lusofonía"

O EDL celebra o Día de Rosalía

Día de Rosalía 24 febreiro 2021

O Equipo de Dinamización Lingüística do noso  Centro celebrou o Día de Rosalía de Castro. Durante a mañá do mércores 24 de febreiro conmemoramos unha das datas sinaladas para a Lingua e Literatura Galegas. Foi a través da lectura de poemas e a audición de cancións baseadas en textos da escritora galega. Participou alumnado dos diferentes cursos da ESO e Bacharelato.

Alumnado lendo textos de Rosalía

Alumnado 2º Bacharelato celebra o Día Rosalía de Castro 2021

 

O Equipo de Dinamización Lingüística celebra o Día de Rosalía de Castro

Día de Rosalía 24 febreiro 2021

Un ano máis e como cada 24 de febreiro, o Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro celebra o Día de Rosalía de Castro.

VIII Concurso de Fotografía

VIII Concurso de Fotografía A Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Valga convoca o VIII Concurso de Fotografía. O tema nesta edición será “O RECUNCHO DOS AVÓS”. Enviaranse dúas fotografías cun título e cunha pequena explicación sobre estas.

Os envíos serán á seguinte dirección de correo electrónico:dinamizacionlca@gmail.com

Poderán participar alumnado, profesorado e persoal non docente do IES de Valga

Os premios consistirán en dous vales, de 30 e 20 euros respectivamente, ás dúas mellores fotos.

O prazo de presentación será ata o 15 de febreiro de 2021.

 

Calendario 2021 do EDL do IES de Valga

Calendario EDL 2021 

Xa temos o noso calendario para o 2021. Este ano o deseño dos días e meses foron completados con coñecidos refráns. Esperamos, un ano máis, que vos guste tanto coma a nós. Picando na imaxe, ou no ficheiro anexado a esta nova, pódese acceder a el. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega deséxavos un Bo Nadal. 

Distribuir contido


by Dr. Radut