Skip to Content

Proxecto dinamización

Alumnado de 2º ESO participou nun obradoiro de regueifa con Pinto de Herbón

Alumnado de 2º ESO participou nun obradoiro de regueifa con Pinto de Herbón

logo edlgO martes 8 e o xoves 10 de novembro na Biblioteca do noso Centro, o alumnado de 2º ESO que participa no Certame Provincial de Regueifa impulsado pola Deputación de Pontevedra, tivo ocasión de asisitir a dous obradoiros desta modalidade de cantiga improvisada, ofrecido pola Asociación Oral de Galiza. As sesións contaron coa presenza do regueifeiro Pinto de Herbón. A actividade foi organizada polo departamento de Dinamización da Lingua Galega.

Alumnado de 2º ESO participou nun obradoiro de regueifa con Pinto de Herbón

Alumnado de 2º ESO asistiu na Biblioteca á obra de teatro "Finlandia"

Finlandia 2 eso 041122

logo edlgO alumnado de 2º ESO asistiu nas dúas últimas horas lectivas do venres 4 de novembro, na Biblioteca, á representación da obra de teatro "Finlandia". A obra foi representada por alumnado do grupo de teatro do IES Agra de Orzán de A Coruña e dirixidos polo profesorado María Vidal e Emilio Salgado. Esta peza humorística que roza o absurdo no tratamento de distintas situacións da realidade cotidiá, foi escrita polo noso compañeiro e profesor de Lingua Galega, Fran Godón. A actividade foi organizada polos departamentos de Lingua Galega e Literatura e Dinamización da Lingua Galega.

Finlandia 2 eso 041122

Alumnado de 2º ESO asistirá á obra de teatro "Finlandia"

logo edlgMaña venres, 4 de novembro, e na Biblioteca do noso centro, o alumnado de 2º ESO asistirá á función teatral: "Finlandia", de Fran Godón. A representación correrá a cargo do grupo de teatro do IES Agra de Orzán de A Coruña.

                Finlandia

Calendario escolar IES Valga 2022/23

logo edlgPara consultar o calendario escolar do noso Centro e para este curso 2022-2023, prema aquí ou no ficheiro anexado.

PROXECTA +: FITOFALADOIRO IES VALGA 2021/2022

Exposición fitofaladoiro

Este curso 2021-2022 o IES de Valga participou no proxecto Fitofaladoiro, dentro dos programas Proxecta +. O proxecto comezouse no mes de outubro de 2021.
Os obxectivos principais era, como primeiro e máis importante, recoller o sabor popular sobre as especies vexetais máis comúns no noso concello. Cremos que en liñas xerais cumprimos, aínda que si que nos gustaría sinalar que esperabamos máis cantidade e diversidade de plantas.
O feito de traballar na clase temas transversais referidas á biodiversidade e o patrimonio cultural do concello fixo, efectivamente, que  o alumando e as súas familias puxesen en valor o feito de coñecelo, e moitas veces, que se sentisen orgullosas de ter ese coñecemento adquirido xeración tras xeración. Ademais, como para obter a información o alumnado tivo que requirir a axuda das súas familias, nomeadamente dos seus avós e avoas, serviron de cadea de transmisión do saber etnográfico, do propio léxico e do saber popular, e estamos convencidas/os de que serviron tamén como reforzo das propias relacións entre alumando e familias.
Todo isto favoreceu que o alumnado e as súas familias puxesen en valor a lingua galega, maioritaria no noso concello. É verdade que aínda que sexa maioritaria sufre moita veces un desprestixio inherente e moi profundo na xente que a fala, sobre todo nos máis maiores; porén, actividades como as que realizamos axudan a normalizar o uso da nosa lingua mesmo nos ámbitos científicos, e a recoñecer as variantes léxicas e dialectais non coma un defecto senón coma un valor e un enriquecemento en si mesmo.
Para finalizar temos que dicir que estamos un chisco decepcionad@s por non poder desenvolver completamente o obxectivo de dar a coñecer os resultados do noso proxecto tal como quixeramos. É verdade que no ámbito do centro si que se puido facer, ao termos realizado unha exposición con varias plantas coa súa correspondente ficha na Biblioteca, pero gustaríanos poder ter realizado outra no auditorio de Valga e ademais poder dar a coñecer o proxecto nas RRSS e en internet. Agardamos, porén, poder facelo a principio do curso 2022-23.

Cartel fitofaladoiro

Distribuir contido


by Dr. Radut