Skip to Content

Proxecto dinamización

VI Carreira pola Lingua

Saída da VI Carreira pola Lingua    Gañadoras das categorías femininas da VI Carreira pola Lingua   Gañadores das categorías masculinas da VI Carreira pola Lingua  

Leo actuando na VI Carreira pola Lingua    Leo actuando na VI Carreira pola Lingua 

   O día 10 de maio celebramos a VI edición da Carreira pola Lingua na que participaron todos os centros educativos do concello de Valga. Foi un día moi especial no que ademais da carreira fixémoslle unha homenaxe a Manuel María, o autor ao que se lle adica  este ano o Día das Letras Galegas, recitando e cantando algúns dos seus poemas. Contamos tamén cun artista invitado “O Leo i Arremecághona“ que contribuíu a que este día fose ademais de reivindicativo moi divertido. 

Agradecemos ao Concello de Valga a súa colaboración e ás empresas Froiz e Feiraco a súa xenerosidade polas bebidas e froitas coas que nos agasallaron e que tanto reconfortaron aos participantes na carreira.

Podedes ver os videos picando nos seguintes enlaces:

Manifesto pola Lingua

Poema adicado á Lingua 

Lela

Leo interpretando "O carro"

Himno galego 

Exposición sobre Manuel María no IES Valga

Exposición sobre Manuel María no IES Valga     Exposición sobre Manuel María no IES Valga

No noso Centro e, con motivo da celebración dos Días das Letras Galegas, estase a realizar unha exposición arredor do escritor chairego Manuel María, a quen se lle adica este ano ese día. Esta exposición está centrada na obra e vida do escritor e foi organizada polo departamento de Dinamización Lingüística en colaboración co departamento de Educación Plástica e a profesora Natalia López.

Homenaxe a Manuel María

Vídeo homenaxe a Manuel María polo alumnado de 1º e 2º ESO do IES de Valga.

Alumnado de 3º e 4º ESO visita Celanova, "Terra de poetas"

Alumnado de 3º e 4º ESO en Celanova, "Terra de poetas"                                                                                                                                                                         

       O luns, 4 de abril o alumnado de 3º ESO e 4º ESO (de Relixión) visitou  Celanova " Terra de poetas". Tras a benvida dada por parte de Paula, a nosa  guía, dirixímonos á rúa dos poetas   onde visitamos a casa familiar de Curros Enríquez,  coñecemos a súa historia e afondamos na vida e obra  dos poetas desta  vila. A continuación dirixímonos ao mosteiro de San Salvador, un impresionante edificio que esconde na súa traseira a capela mozárabe de San Miguel, datada no século X e única do seu estilo en Galicia. Este edificio foi usado  como prisión durante a represión franquista, sendo un dos seus presos máis coñecidos Celso Emilio Ferreiro ; actualmente ten varios usos, entre eles  o de centro de ensino secundario . Finalizamos cunha lectura de poesía na acolledora biblioteca deste IES. Esta actividade foi organizada polos departamentos de Relixión e do Equipo de Dinamización Lingüística do noso Centro.

 

 

 

 

 

 

Entrega de premios do concurso do EDLG "Dillo en galego" 2015-16

1º premio "Dillo en galego" 2015-16 Julia Viqueira       2º premio "Dillo en galego" 2015-16 Laura Gil       3º premio "Dillo en galego" 2015-16 Diana Da Rocha

No segundo recreo do pasado mércores 16 de marzo celebrouse a entrega de premios do concurso “Dillo en galego”, organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística. Foron un total de 14 textos relacionados co amor que se puideron dar ata o 28 de febreiro. A entrega dos premios correu a cargo da Xefa de departamento do EDLG, Dulce Serramo, así como da Vicedirectora e Director  do noso Centro. O primeiro premio recaeu na alumna de 2º Bacherelato, Julia Viqueira, o segundo premio en Laura Gil de 4º ESO B e o terceiro en Diana Da Rocha de 4º ESO B. Tamén se entregaron dous premios de consolación entre o resto do alumnado participante que, tras efectuarse um sorteo, recaeron en Andrea Soter e María del Mar Sanmarco. Noraboa aos gañadores.

Distribuir contido


by Dr. Radut