Skip to Content

Proxecto dinamización

Calendario de fotografías 2014 do EDL Valga

 

Entrega de premios Concurso de Fotografía "Coñece Valga"

 O Venres 22 de novembro tivo lugar na biblioteca do IES de Valga tivo lugar a entrega do premio CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "Coñece Valga" convocado polo EDL do centro. O xurado,  composto polos profesores Mar Tejero e Carlos Montejano Rivas e polos alumnos Iván Sanmiguel Lorenzo e Ana Otero Losada, decidiu outorgar o premio, consistente nun cheque por valor de 30 euros, á foto FERVENZAS de Verónica Fernández Pardal.

As fotos máis votadas, formarán parte dun calendario do ano 2014.

Podedes ver todas as fotos aquí

Convocado o Concurso de Cartas de Amor "Dillo en galego"

O Departamento de Normalización Lingüística do IES Valga convoca o Concurso de Cartas de Amor "Dillo en galego", do que adxuntamos o cartel e que está aberto a toda a comunidade educativa. As cartas deberán estar escritas a man e ser presentadas en sobres decorados polos/as autores/as, xa que as elexidas polo xurado pasarán a formar parte dunha publicación -fermosa, seguro- editada polo departamento organizador, que dirixe o profesor Baldo Ramos. Data límite de entrega de cartas: 28 de febreiro.

Para ampliar foto prema na imaxe

Uns 300 alumnos e profes recitaron xuntos "Deitado frente ao mar" na homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no IES Valga











Non cabía un alfinete na biblioteca do IES Valga o pasado día 12 de decembro ás doce da mañá. Unhas 300 persoas, entre alumnado e profes, reuníronse alí para recitar xuntos a poesía de Celso Emilio Ferreiro "Deitado frente ao mar", en homenaxe ao poeta de Celanova. O responsable de Dinamización Linguística do centro, Baldo Ramos, organizou este acto que foi amenizado polo rapeiro galego García Mc do grupo de hip hop "Dios Ke Te Crew". O evento foi cuberto pola Televisión de Galicia (pinchade aquí para ver a reportaxe). E para ver máis fotos, visitade a "Galería de imaxes" desta web.


  

     

Libro da Axenda 21 curso 2011-2012 do IES de Valga editado polo Departamento de Dinamización Lingüistica

Libro  sobre o Festival da Axenda 21 do curso 2011-2012 editado polo Departamento de Dinamización e Normalización Lingüistica do IES de Valga: Neste libro aparecen ilustración e fotos  sobre sobre o "IV Concurso gastronómico  de  receitas"  "Bota unha carreira pola Lingua" e "Festival Axenda 21"

Para visionalo libro prema na imaxe

 

Distribuir contido


by Dr. Radut