Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        
Corpo:

Corpo:

Corpo:

Corpo:

Corpo:

Corpo:

Corpo:

Corpo:

Corpo:

AVISO

 

 

 

 

 

 

 
         
                 
 

 

 

 

 

 

 
 
         

>> GUÍAS DE ORIENTACIÓN (despregable)

 Presentacións para o curso 2023-2024

                                                                                                              

                                                                                                         

                                                                                                          

 

 Vídeos do curso 2020-2021

 

Blogues

Eduemprende Actúa

Os alumnos e alumnas de economía de Bacharelato gozaron o pasado martes 16 de maio da presencia de Verónica Rodríguez Ruzo para traballar a innovación e a creatividade mediante xogos e actividades que promoven o pensamento lateral e o enxeño. Formación promovida pola Consellería de Educación mediante o Programa Eduemprende Actúa.

Campaña de concienciación

   

Premios dos concursos matemáticos

Certame de pituits

 

Certame de vídeos

 

 

 

 

 

 

 

 

     
Mencións

 

 

 

      

Maios, 2023

Un ano mais, Mugardos voltou a recuperar a festa dos Maios impulsada pola asociación cultural Apelón Educación para os centros educativos. O alumnado deuse cita no cantón de Cora para a realización dos monumentos vexetais. No noso caso, participapamos co alumnado de 1.º ESO, que confeccionou unhas coplas, e o mais FP Básica, que se encargou da estrutura do barco floral. Ademais, axudaron aos máis cativos a colocar as flores.

Entrevista a Endika

                            

2º concurso de fotografía científica

Convocamos este curso o 2º certame de fotografía científica para ver o grao en que o alumnado de 3ºESO era quen de conectar a ciencia co mundo que nos rodea. E abofé que saíron cousas interesantes. No arquivo que se xunta podedes ver a colección completa mais xa podemos avanzar que os dous gañadores da 2ª edición foron IKER FERNÁNDEZ por ALEHOP...QUÉDANME 6. pola súa capacidade de plasmar cunha nitidez sorprendente un momento moi difícil de captar.

 

e CARLOTA FERNÁNDEZ por FUXAN OS VENTOS, por ofrecernos un misterio no que se mesturan maxia e ciencia a partes iguais amosando dun modo moi fermoso o baile de faíscas nunha posible noite de San Xoan.

 

Noraboa aos premiados e grazas a todos por participar amosando puntos de vista curiosos e sorprendentes deste mundo tan diverso que temos. 

Visita de Historia da Arte a Santiago de Compostela

O alumnado de Historia da Arte de 2.º Bacharelato realizou o pasado venres unha visita á cidade de Santiago de Compostela. 

 

Folga estudantil (25 de abril)

Finanzas para mortais (Eduemprende)

  

O pasado 29 de marzo o alumnado de Economía da empresa de 2ª de bacharelato asistiu ao obradoiro Finanzas para Mortais, promovido por Eduemprende e impartida por profesionais do mundo da banca e as finanzas do Banco Santander. 
Aprenderon e recordaron conceptos base na actividade emprendedora e profesional, do mundo laboral e máis da xestión das ideas.

 

Fin do segundo reto do Camiño Inglés e comezo do terceiro

           Este luns finalizamos o 2º reto do Camiño Inglés. A comunidade educativa do IES Mugardos segue avanzando quilómetros e vaise achegando a Santiago cada vez máis. Xa só queda a derradeira etapa para finalizar o reto deste curso. Nesta etapa teremos que percorrer 70 quilómetros para finalizar e chegar á catedral. 

Durante este percorrido atopamos grupos moi parcipativos loitando por ser os máis activos do IES, e grupos cunha igualdade máxima para alcanzar os premios. Destacamos o grupo de 1º ESO, cunha igualdade máxima e unha motivación moi boa. Parabén polo esforzo!!!

O 3º reto comezará o venres 14 de abril e finalizará o domingo 18 de xuño. O obxectivo son 70 quilómetros. Durante o día 14 recibiredes a invitación para unirse ao reto.

 

Visita a RadioVoz Ferrol

 

Rally Matemático Sen Fronteiras 2023

Na tarde deste 11/04/2023, na volta ás aulas logo das vacacións de Semana Santa, o alumnado de 1º ESO B e 2º ESO B vén de participar na XXXI edición do Rally Matemático Sen Fronteiras 2023, organizado por Igaciencia.

En grupos de 8 participantes, organizáronse para resolver un total de 5 problemas de diversos eidos matemáticos. Agora toca agardar ao vindeiro 24 de abril para ver se algún grupo é seleccionado para participar na final rexional en Santiago de Compostela.

Parabéns a todas e todos polo esforzo e compromiso nesta proba.

 

  

 

 

Rally matemático 2023

Probas de certificación CUALE-inglés na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol

Informámosovos de que o prazo de matrícula nas probas de certificación de inglés do alumnado CUALE será do luns 10 de abril ao venres 14 de abril (ata as 12.00 do mediodía). O alumnado pode matricularse directamente, accedendo á ligazón https://www.informaticacentros.com/xunta/.

 

Para máis información en canto a estas probas, achégase aquí a Instrución 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se regulan as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial polo réxime oficla para o curso 2022/23.

En canto ás datas das probas, pódense consultar na páxina da EOI-Ferrol.

Viaxe de estudos á cidade do Porto

  Praça da Galiza   Palácio de Cristal      
  Na Praça da Galiza. Monumento a Rosalia de Castro    Vistas desde parque do Palácio de Cristal   Livraria Lello & Irmaos    
               
               
  Foz do Douro (Matosinhos)    O guia Sérgio conta a história do romancista Camilo Castelo Branco    Metro    Estaçao de San Bento
               
               
   Escadas da Sé    Vistas do Douro    Cruzeiro das seis pontes    Gáia
               
         

   

Viagem à cidade do Porto
Março, 2023

Turmas de Língua Portuguesa-2LE (1.º e 3.º ESO)

 

  Museo dos Descubrimentos   Restaurante Novo Paris  

IES de Mugardos
IES Fernán Esquío de Neda

Obradoiro de gravación e mestura para radio e pódcast

 

Durante a última semana de marzo, o alumnado de 1.º ESO participou no Obradoiro de radio impartido por Pedro Iglesias.

 

    

Cancións no camiño

  Xa están listas as cancións feitas e interpretadas polo alumnado de Atención Educativa de 1° Bach.  Queremos agradecer o traballo de edición de son de Bea Roxana Bautista e o entusiasmo dalgúns alumnos-as que fixeron un traballo moi chulo.

DATAS DE SOLICITUDE DAS BOLSAS DO MINISTERIO

En breve abrirase prazo de solicitude das becas do Ministerio. O alumnado do centro que pode solicitala é o alumnado que o próximo curso ten pensado iniciar ou continuar estudos en Ciclos formativos de FPB, Ciclos Medios ou superiores, Bacharelato e Universidade. Lembrade que a solicitude realízase online.

Se precisades axuda, solicitade cita en Orientación.



TABOA PERIÓDICA DE SENTIMENTOS

Acabamos de publicar a nosa táboa periódica anual coa rapazada de 3ºESO.

Non se trata dunha táboa periódica "al uso". Convidámosvos a visitar o enlace no noso blog do club de ciencias se queres somerxerte nunha historia distinta, elaborada coa excusa dos símbolos químicos que marcan a nosa existencia, só que neste caso preferimos centranos na dimensión menos material desa existencia.

Fai clic aquí

https://mugarciencias.blogspot.com/2023/03/isto-vai-de-palabras.html

Non preguntes, déixate levar e a ver qué opinas do resultado de 36 cabeciñas pensando, bueno 34, non 32...bueno non sei...uns cuantos ;-)

Como podedes comprobar xa só no aspecto xeral da táboa

Non todo o mundo comprendeu a mensaxe pero quedémonos co bo, porque sen dúbida foi unha magnífica válvula de escape que permitiu explorar lugares descoñecidos e puntos de vista sorprendentes.

Para mostra, un par de botóns

 

 

 

Terceira edición Mocidade (Congreso da xuventude- Xunta de Galicia)

Esta semana celebraráse na Coruña a III edición de Mocidade, o congreso galego de xuventude organizado pola Xunta de Galicia.

  • DESTINATARIOS: mozos e mozas galegas de entre 18 e 30 anos de idade (incluídos).
  • DATAS: venres 24, (comezamos pola tarde, ver horarios), sábado 25 (mañá e tarde) e domingo 26 de marzo (almorzo e saída para os aloxados).
  • LUGAR DE REALIZACIÓN: Palexco (A Coruña).
  • ALOXAMENTO: Complexo Xuvenil As Mariñas (Bergondo), en dormitorios compartidos.

Elaboración de biodiésel (club de ciencias)

 

O club de ciencias comezou esta semana unha actividade no laboratorio de química. Trátase da transformación de aceite usado en combustible.

Poderemos seguir o proceso guiado polo profesor Guillín no blog MUGARCIENCIAS.

 

Recoñecemento primeiro reto do Camiño Inglés

Este venres entregamos o recoñecemento aos participantes que superaron os primeiros 50 km simbólicos do Camiño Inglés rexistrados na aplicación Strava. O acto consistiu na entrega de diplomas, medallas e trofeos. 

Parabéns aos participantes e animamos a toda a comunidade educativa a sumarse ao segundo reto xa en marcha.

Distribuir contido

Distribuir

Distribuir contido