Curso 2020-2021

Bo Nadal

PREMIO PARA O CLUB DA IGUALDADE

Este sábado 19 de decembro tivo lugar en Pontevedra o acto de entrega dos IV Premios Xuventude da Deputación de Pontevedra, convocatoria na que o IES Auga da Laxe resultou gañador do 1º premio na modalidade de Educación en valores polo proxecto do Club da Igualdade, desenvolvido no curso 2019-2020. O galardón, dotado con 2.000 euros e unha peza escultórica realizada pola Escola de Cantería de Poio-Pontevedra, recoñece as actividades desenvolvidas o curso pasado baixo o lema "No IES Auga da Laxe respectamos a diversidade e traballamos pola igualdade", nas que participou profesorado, alumnado e tamén moitas familias e que tiveron como acto central a proposta "Imos de voda!", celebrada no instituto o 14 de febreiro e que contou coa colaboración da ANPA. Desde o instituto queremos agradecerlle á Deputación de Pontevedra este recoñecemento e transmitirlle tamén os nosos parabéns ao IES Illa de Ons, de Bueu, e ao IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño, gañadores do 2º e do 3º premio respectivamente.

MÁSCARAS PARA O ALUMNADO DE ESO

O venres día 13 de novembro publicáronse no DOG as instrucións para que os centros proporcionen máscaras hixiénicas ao alumnado da ESO (Criterios de distribución de máscaras entre o alumnado da ESO) segundo os seguintes criterios:

a) Se solicitou libros do fondo solidario, esa mesma aplicación determinará se lle corresponde recibir as máscaras, logo non deberá facer ningún trámite.

b) Se non solicitou libros do fondo solidario e no seu núcleo familiar a renda per cápita e igual ou inferior a 6.000 euros, poderá solicitar a adxudicación de máscaras na secretaría do centro, antes do 27 de novembro.

As máscaras repartiranse despois do 27 de novembro.

50 das máscaras foron doadas por Paula Bouzós, as restantes serán adquiridas con cargo aos orzamentos do centro.

ENSINANZAS COFINANCIADAS POLO FONDO FONDO SOCIAL EUROPEO

As ensinanzas de PMAR e a Iniciativa ARCO están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo

AVISO NOVA NORMATIVA

 A evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria en Galicia provocou a necesidade, por parte das autoridades, da adopción de novas medidas de prevención da COVID-19 que se recollen na Orde do 4 de novembro de 2020.

Segundo o Anexo II de dita orde, que afecta a concellos como o de Gondomar, "A práctica de actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, pode realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, sempre que, neste último caso, as persoas do grupo sexan conviventes...".

Xa que logo, a Dirección do centro decide que:

  • Non se permitirá xogar ao pimpón, fútbol, baloncesto e demais deportes de contacto físico durante os recreos.

  • Sempre que non chova e salvo excepcións, todo o alumnado ten que estar no exterior durante os recreos, mantendo as medidas de seguridade.

  • Á saída de clases debemos evitar aglomeracións fóra do recinto escolar, polo que o alumnado que vai no transporte escolar ten que subir rápido aos buses e os demais dirixirse aos seus domicilios.

  • Recórdase que nos buses o alumnado ten que sentar no posto que ten asignado para todo o curso para poder establecer correctamente a rede de contactos estreitos.

 

Estas normas rexerán ata novo aviso.

Distribuir contido