AVISO NOVA NORMATIVA
A evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria en Galicia provocou a necesidade, por parte das autoridades, da adopción de novas medidas de prevención da COVID-19 que se recollen na Orde do 4 de novembro de 2020.
Segundo o Anexo II de dita orde, que afecta a concellos como o de Gondomar, "A práctica de actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, pode realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, sempre que, neste último caso, as persoas do grupo sexan conviventes...".
Xa que logo, a Dirección do centro decide que:
-
Non se permitirá xogar ao pimpón, fútbol, baloncesto e demais deportes de contacto físico durante os recreos.
-
Sempre que non chova e salvo excepcións, todo o alumnado ten que estar no exterior durante os recreos, mantendo as medidas de seguridade.
-
Á saída de clases debemos evitar aglomeracións fóra do recinto escolar, polo que o alumnado que vai no transporte escolar ten que subir rápido aos buses e os demais dirixirse aos seus domicilios.
-
Recórdase que nos buses o alumnado ten que sentar no posto que ten asignado para todo o curso para poder establecer correctamente a rede de contactos estreitos.
Estas normas rexerán ata novo aviso.