Curso 2019-2020

Becas e axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Curso 2019/20

O Ministerio de Educación vén de convocar as becas e axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. 
Toda a información está aquí.

LISTAXE PROVISIONAL FONDO SOLIDARIO CURSO 2019/20

No arquivo adxunto figura a lista provisional de solicitudes admitidas no Fondo Solidario de libros de texto para o curso 2019/2020. Dado que non existe ningunha solicitude excluída non se adxunta  listaxe algunha de excluídos. O prazo de reclamación remata o día 12 ás 13:00 hs.

Composición da nova directiva para o curso 2019-2020

A nova directiva do instituto está formada por:

- Directora: Dona Inmaculada González Álvarez
- Xefa de estudos: Dona Begoña Recondo Burgo
- Secretaria: Dona Belén García Fernández
- Vicedirectora: Dona Araceli González Andrade

O Teatro Ensalle trae o proxecto LPQNC ao IES Auga da Laxe

Un grupo de alumnas e alumnos do noso instituto está a participar ao longo desta semana no proxecto performativo Las Palabras Que Nos Construyen (LPQNC), desenvolvido da man de Horman Poster coa colabo

Preparando o #11F


Coma en cursos anteriores xa estamos apuntados para celebrar o 11 de febreiro, Día internacional da muller e a nena na Ciencia, recibindo no instituto a científicas que nos falarán do seu traballo.

O mércores 26 abre a cafetaría!

Boas novas. Despois de moito batallar con quen manda nisto da adxudicación das cafetarías, Javier Carneiro abrirá mañá de novo, mércores 26, a cafetaría do instituto. Coma nos dez últimos anos e pico non poderiamos estar en mellores mans. Unha moi boa nova para toda a comunidade educativa do centro.

Distribuir contido