Poemas de inverno. Homenaxe a Laura Luelmo.
Enviado por admin o Mér, 19/12/2018 - 12:05
Este martes 18 degustamos poemas de inverno cun acompañamento doce de pastas e música no salón de recitado que acolleu a dinamización poética de decembro que organiza o departamento de LCL.
Ao remate do acto, Alexandra Fernández, alumna da materia Igualdade de Xénero, leu un texto elaborado polo alumnado de 3°PMAR co obxectivo de manifestar a súa repulsa pola última vítima de violencia machista, Laura Luelmo.