Charla sobre orientación educativa e transporte

A proposta do sindicato de estudantes Erguer, o departamento de Orientación organizou unha charla dirixida a 4º de ESO e 1º de Bacharelato sobre orientación educativa e problemas de transporte para a mocidade. Contamos coa presenza de varios exalumnos e exalumnas do instituto que falaron da oferta educativa que hai no Val Miñor e arredores (Vigo e Tui), das súas experiencias tanto nos ciclos superiores de FP como nas titulacións de Grao na universidade e tamén da necesidade de reivindicar un transporte de calidade para Gondomar, xa que contaron as dificultades que atoparon no seu momento para chegar aos seus centros de ensino. Moitas grazas a estes exalumnos e exalumnas que viñeron compartir a súa experiencia académica e laboral: Lucía Aguiar, María Feixóo, Arturo Peixoto, Ezequiel Salgueiro, Roi Rodríguez, Marta Tizón e, como representante do sindicato Erguer, Pablo Durán.