Demostración do Iberconsa Amfiv de baloncesto en cadeira de rodas


Hoxe, no recreo, no patio interior unha representación do Iberconsa Amfiv Vigo fixo unha abraiante demostración de baloncesto en cadeira de rodas. Estiveron connosco Franco Alessandrini (Arxentina), Salvador Zavala (México), Louis Hardouin (Francia) e Przemek Bonio (Polonia) e mais Nacho, o seu coordinador. 
Dende estas liñas moitas grazas ao Iberconsa Amfiv por esta visita e polo magnífico espectáculo.

Aproveitamos para lembrar que esta sábado, contra as 19:00, xogan contra o campión de liga no Pavillón Pablo Beiro (pavillón de Bouzas) e que a entrada é gratuíta.