Días non lectivos e calendario escolar

O Consello Escolar aprobou como días non lectivos propios do centro o 13 de outubro de 2023 e o 20 de maio de 2024, datas que xa foron autorizadas pola inspección educativa da Consellería de Educación. Polo tanto, este próximo venres 13 de outubro non haberá clase. Ademais, aproveitamos para informar de que xa está dispoñible na marxe dereita da páxina web do instituto o calendario escolar do curso 2023-2024, no que se inclúen as datas de referencia relativas a sesións de avaliación, períodos de vacacións, organización da fin de curso, etc.