Viaxe de fin de curso de 4º ESO a Allariz

O alumnado de 4º ESO realizará desde o próximo venres 24 de xuño e ata o martes 28 unha viaxe de convivencia de final de etapa. Pasarán 5 días no cámping Os Invernadoiros de Allariz, aloxados en bungalós e cun feixe de actividades programadas: piragüísmo, piscina, cabalos, visitas guiadas a Allariz, Celanova e Santa Mariña de Augas Santas...Se queredes consultar o programa da viaxe, así como todas aquelas cuestións necesarias, clica aquí.