Visita a ANFACO-CECOPESCA
Enviado por admin o Mér, 02/02/2022 - 16:04
O venres 4 de febreiro o alumnado de Economía de 1ºBach-B/C realizará unha visita ás instalacións de ANFACO-CECOPESCA, o grupo que representa a case 250 empresas do sector alimentario relacionado co mar. A actividade, que está organizada polo departamento de Economía, enmárcase dentro do programa EduTecEmprende da Consellería de Educación.