Charlas do departamento de Filosofía

O luns 31 de xaneiro tivemos dúas charlas organizadas polo Departamento de Filosofía: unha, impartida polo profesor Andrés Cernadas sobre "Valores, conflitos éticos e corrupción no ámbito político e profesional", para alumnado de 2º de Bacharelato de Historia da Filosofía e 4° de ESO de Valores Éticos; e a outra, a cargo da profesora Ángela Fernández co título "Políticas de xénero: onde estamos e cara onde imos?", para alumnado de 2º de Bacharelato de Ética e Filosofía do Dereito e 1° de Bacharelato A de Filosofía.