Terra de Tanxugueiras

Aquí tedes o vídeo “oficial” da coreografía “Terra”, de Tanxugueiras. Foi bailada e desfrutada hoxe venres por alumnado, profesorado e persoal de limpeza e compartida coa xente que pasaba a media mañá pola Praza da Paradela de Gondomar. Este é un agasallo especialmente dedicado a todo o alumnado que di si, que se atreve, que fai as cousas con paixón no camiño da vida, que valora e se sente orgulloso do lugar fermoso onde vive, que encontra na forza do grupo a axuda e que sabe que neste mundo, por moito que se empeñen... non hai fronteiras!!! Isto é voso.