Sen biodiversidade non hai vida

Desde o xoves 21 de xaneiro e ata a segunda semana de febreiro está no instituto a exposición Sen biodiversidade non hai vida de Ecoloxistas en acción. Os paneis mostran a importancia fundamental do mantemento da biodiversidade e as ameazas ás que está exposta pola actividade humana, destacando ente elas o cambio climático e a contaminación.

Nun dos paneis lémbrase ao biólogo Edward O. Wilson, recentemente falecido, e ao que nos podemos achegar lendo parte da súa obra a disposición na biblioteca.