Programa de meditación-mindfulness para alumnado de bacharelato

Ao longo da semana do 17 de xaneiro todo o alumnado de bacharelato realizará nas aulas unha sesión de iniciación á meditación-mindfulness co obxectivo de que adquira ferramentas e estratexias que lle axuden a mellorar a concentración e a capacidade de relaxación e a reducir os niveis de estrés e ansiedade, para así conseguir un maior aproveitamento das clases. Esta actividade, que será impartida por unha instrutora especializada, forma parte do programa educativo Emocióna-T, que ten como obxectivo desenvolver iniciativas que melloren a educación emocional do alumnado. Haberá tamén unha sesión para o profesorado, coa intención de que acceda a unha formación básica que permita darlle continuidade ao programa nas aulas, tanto en bacharelato como noutros niveis educativos.