No Club da Igualdade de xaneiro, falamos da prostitución

Este próximo luns 17 de xaneiro, de 15:30h a 16:45h no salón de actos, teremos unha nova sesión do Club da Igualdade na que falaremos da prostitución. Contaremos coa presenza de Hafdallah Menni El Ouali, membro da ONG ACCEM, que traballa polos dereitos das persoas en situación de vulnerabilidade. O relator é coautor dun informe sobre a situación da prostitución en Andalucía e en Galicia e compartirá con nós as súas reflexións e a súa experiencia a partir dun proxecto no que está a traballar, centrado na intervención directa con persoas prostituídas ou en risco de selo. Na sesión proxectarase tamén un vídeo que Hafdallah gravou no IES Carlos Casares de Vigo e no que o alumnado fala da prostitución e da súa visión sobre os prexuízos sexuais. Para publicitar esta actividade contamos nesta ocasión cun cartel elaborado por Lara Rial, alumna de 4ºESO-B.