Semana da Muller e a nena na ciencia

Comezamos a semana da Muller e a nena na ciencia na que teremos tres charlas doutras tres científicas. O mércores 12 visitaranos Alba Aguión, bióloga, gañadora do FameLab e compoñente da expedición antártica Homeward Bound. O venres 14 de febreiro dobre sesión. A primeira coa bióloga e matemática Marta Sestelo, profesora da Universidade de Vigo e investigadora en Gradiant. A segunda coa enxeñeira Bibiana Rodiño, CEO de BETA Implants.