Palabras e baile para reivindicar a igualdade

Este luns 4 de novembro, como actividade final da celebración do Samaín e enlazando co proxecto sobre diversidade e igualdade que estamos a desenvolver este curso, catro alumnas presentaron no patio central do instituto unha intervención artística coordinada pola profesora Dorinda Garrido, do departamento de Educación Plástica. A través delas, catro mulleres que destacaron na súa época en diferentes ámbitos saíron dos seus ataúdes e bailaron ao ritmo do 'Thriller' de Michael Jackson para traernos a súa historia e a súa voz en favor da diversidade, a igualdade, o respecto e a liberdade. Parabéns e grazas a Lara Alonso, María Rodríguez, Andrea Blanco e Laura Alonso polo seu traballo.