Skip to Content

Animación á lectura

(clica sobre a imaxe para ver a información)

Falando en verso

  Un ano máis chegou a primavera e con ela a festa da poesía. Hoxe, día 21 de marzo, hai dúas celebracións: Día Mundial da Poesía e o Día Mundial da Árbore.

  No noso colexio dende hai uns anos adicamos o mes de marzo á poesía. Os libros de poesía da nosa biblioteca saen dos seus estantes e amosan ao noso alumnado o seu fermoso contido, poemas para copiar, ler, recitar, ilustrar e inspirar as creacións da rapazada do cole.

  Este curso escollemos un tema que non parece poético: os seres inanimados, as cousas grandes ou miúdas, que ás veces están aí, a cotío, e son compañeiros mudos pero fieis: xoguetes, libros, obxectos do cole ou da casa; que nos traen fermosas lembranzas ou nos dan seguridade.

  A esas cousas imos adicarlle os nosos versos; e para inspiración contamos cun fermoso libro dun grande poeta galego, Manuel María. O seu libro "Os soños na gaiola" recolle poemas a esas cousas que a el lle fixeron xurdir un sentimento poético. Le este adicado a un barco de xoguete.

Semanario de literatura infantil e xuvenil en versión dixital

Este semanario  é o suplemento infantil dunha web para adult@s chamada "Libro de Notas". A idea para a súa publicación xurdiu trala desaparición del Pequeño País que se publicaba co xornal El País os domingos. Os seus autores pensaron que era unha mágoa que desaparecera aquel semanario, que a tantos rapaces e rapazas gustaba recibir cada semana, e decidiron engadir esta publicación á súa web.

Este sitio contén historietas de banda deseñada (cómics), textos e outros contidos relacionados coa lectura, axeitados para xoves e cativ@s dende os 5 anos ata os 120...(polo menos). Non contén publicidade e ademais podédesvos suscribir para que vos envíen por mail o aviso das novidades. 

Botádelle unha ollada, paga a pena!!(preme)

 

Mochila viaxeiras

Este curso comezan de novo a súa andaina as nosas mochilas viaxeiras, co seu agasallo de información  e divertimento saído da nosa biblioteca.

Despois da primeira experiencia do curso pasado, onde só os cursos  2º e 4º de primaria puideron "saborealas" (pois tiñamos poucas); este curso, tras conseguir un número maior, rodarán dezaseis mochilas, ampliándose a oferta a 6º.

Cada mochila transporta un " tesouro", unha pequena mostra do que contén a nosa biblioteca: poesía, informativo, narrativa, cómic, revista, dvd,... e visitará a casa de cada alumn@ durante unha semana, tempo durante o cal toda familia poderá disfrutala. Coa mochila vai un caderno viaxeiro onde tódolos membros da familia poden facernos chegar a súa experiencia: comentarios, debuxos, fotos, propostas...

O próximo curso esperamos comenzar dende o principio coas mochilas rodando por tódolos cursos.
Boa viaxe!!!

 

Libros recomendados

Ola, colegas! ¿Como vai o Nadal?
Vacacións, agasallos, turrón e mazapán; en fin, xenial! A min o que máis me gusta é o turrón de chocolate con froitos secos; se ademais estou lendo un bo libro, acabo coa tableta sen darme conta, e logo xa imaxinades o empacho!!
  Se aínda tendes tempo de mandar a carta aos Reis, vos lembro as recomendacións de libros que vos fixemos, por se alguén a extraviou e quere darlle algunha idea.
 
Espero que vos traian moitas cousas os Reis, aínda que co frío que vai, tamén poderían deixar o carbón.
Ata a volta!!
 
 

Nova colección de Kika Superbruja

 

Knister, o autor "pai" deste personaxe tan querido por vós, continúa escribindo as súas aventuras; e agora publica na editorial Bruño unha nova minicolección de libros para coñecer todo o que hai que saber sobre os piratas, os dinosaurios, os cabaleiros medievais e os antiguos exipcios.

Da man de Kika lerás textos informativos, curiosidades contadas por ela e tamén farás divertidos pasatempos.

 

Saberás tamén, que xa se estreou a película baseada no libro "Kika Superbruxa e o libro dos feitizos ". Se aínda non liches o libro , vén á nosa biblio, debes lelo para logo comparar coa película. A "peli" ten tódolos ingredientes para ser un éxito: humor, fantasía, aventuras e MAXIA!!!

Podes ver un adianto aquí.

Nuestro cuerpo

Sabes por que podemos movernos? Sabes por que temos fame; ou como pensa o noso cerebro?

Chega ata a nosa biblioteca unha pequena colección de libros para o coñecemento do noso corpo, presentados por Anita Ganeri na Editorial Everest. É axeitada para pequen@s curio@s de 2º e 3º cursos, que lles interesa saber como funciona este corpo que levamos posto.

 Con estes libros poderás satisfacer a túa curiosidade con informacións sinxelas, anécdotas soprendentes e divertidas actividades; acompañadas ademais, de ilustracións e fotografías moi claras.

Son seis títulos e cada libro trata un tema diferente relacionado co funcionamento do corpo humano (o sangue, o cerebro, os sentidos...) 

Non tardes en vir a botarlles un ollo!! 

COÑECE O UNIVERSO

…5, 4, 3, 2, 1, 0,…DESPEGAMOS!!!. ALÁ IMOS,  UNIVERSO!!!

 

Ola, colegas. Alédome de estar de novo con vós. Xa vos botaba de menos.

Este trimestre dende a biblioteca ímos desenrolar un proxecto  xunto co departamento de actividades extraescolares para coñecer o UNIVERSO, xa que este ano celébrase o ano internacional da Astronomía.

A proposta consiste en que cada grupo aula elaborara un traballo onde ten cabida a información, a beleza plástica, contos, poesías, adiviñas,…sobre un tema relacionado co Universo (porque é moi grande).

Tamén as familias, poden colaborar, como xa fixeron outros anos. Despois expoñerémolos para que todos e todas poidamos coñecer moitas cousas sobre eso tan grandísimo e inabarcable que é o Universo.

 

Por certo, sabedes como chegou a lúa ao ceo? Pois lede esta lenda

Libros, libros en abril

Como cada ano chegou abril coas súas conmemoracións do libro.
No noso cole fixemos un montón de actividades para celebrar estas conmemoracións.
 
O día 2 de abril, día do Libro Infantil, acudimos a unha maratón de lectura de contos de Andersen na fundación Eugenio Granell.
 
Na semana do 23 de abril, Día do Libro, fixemos outras moitas actividades:
 
Agasallo – préstamo dun libro: Por segundo ano consecutivo recollemos esta tradición de certos lugares para conmemorar o día do Libro. Cada alumn@ escolleu un libro da súa propia biblioteca e , ben envoltiño, trouxo para agasallar a outro compañeir@ da súa aula. Realmente trátase dun préstamo que será devolto en cando remate a lectura. Estes días na hora de ler, o noso alumnado “devora” estes ibros de agasallo!
 
Marcapáxinas solidarios: ilustramos marcapáxinas para colaborar coa campaña da organización Save the children  de recollida de donativos para ofrecer unha educación á infancia de países en conflicto.
 
Historia dun libro: estes carteis informativos ensinan o camiño do libro dende que nace a historia na mente do autor/a ata que chega ás mans do lector/a.
 
Historia do libro: Esta presentación dá información sobre a historia da escritura e os seus soportes ao longo da historia. Ademais dos paneis informativos está aloxada nesta páxina para realizar actividades de formación documental.
 
Nós tamén facemos libros”: Trátase dunha exposición de libros artesanais elaborados durante estes últimos anos, recollendo diversos traballos das actividades programadas na nosa biblioteca.

Recomendamos o noso libro preferido: Enchemos algúns taboleiros da nosas biblio con estas recomendacións, incluso os de infantil fixeron a recomendación do seu libro favorito!! Sempre é interesante coñecer a opinión de outros cando vas ler un libro.
 
 
Algunhas desta exposicións estarán presentes nos tabloleiros durante unhas semanas.

Lemos en Pascua?

Se nestes días de vacacións te aburres sen cole, sen colegas, sen profes, sen libros, ... e te atopas cansado de descansar ¡Colle un libro! ¡Non de "mates" ou de "coñe"; senón... de aventuras, de humor, de misterio, de medo, de animais, de exipcios, do universo! Hai todo un mundo gardado esperando que o descubras!!!

Aquí tes algunha boa idea.

Os Megatoxos

Chegan Os Megatoxos á nosa biblioteca. Da man de Anxo Fariña, da súa imaxinación máis ben, e como xa nos anunciara cando nos visitou hai dous anos, esta "panda" con poderes extraordinarios chega con dúas aventuras: Os Megatoxos e o aprendiz de druída e Os Megatoxos e a espada esmeralda.
Despois de ser coñecido e apreciado, sobre todo como ilustrador, na serie Antón e Pompón para os prelectores; Anxo presentou unha colección para primeiros lectores en torno aos personaxes de O Quixote, que tamén tivo moi boa acollida e permitiu achegar algunhas historias do famoso libro aos máis cativos.
Agora, o autor quere achegarse aos lectores expertos e faino creando uns personaxes que, grazas aos poderes extraordinarios que adquiren de maneira casual, viven aventuras inverosímiles. Trátase de dous rapaces e dúas rapazas con personalidades diferentes, e ás veces moi discrepantes, que ademais posúen poderes diversos e complementarios, o que lles permitirá colaborar para resolver os conflitos nos que se ven envoltos nas súas andainas.
ACHÉGATE Á BIBLIO PARA COÑECELOS E DISFRUTALOS!!
Distribuir contido


by Dr. Radut