Skip to Content

Animación á lectura

(clica sobre a imaxe para ver a información)

A nosa mascota

    Dende a nosa biblioteca temos unha boa noticia que comunicar: a "biblio" xa non está orfa. ¡¡TEN UNHA MASCOTA!! Chámase ROKI.
Atopamos esta mascota mediante un traballo colaborativo no que participou todo o alumnado do noso cole, dende os máis pequeniños de infantil ata os mangallóns de sexto curso. O proceso foi como segue:
Primeiro, todo alumnado debuxou na súa titoría un personaxe que podería representar á nosa “biblio” como mascota.
Tras unha primeira escolla do titor ou titora daqueles máis xeitosos, o equipo da biblioteca fixo unha segunda selección para deixar só sete debuxos (foi moi difícil facer esta escolla!).
Estes sete debuxos expuxéronse no taboleiro da biblioteca e todo alumnado, de novo, achegouse para votar no bozón de suxestións aquel personaxe que máis lle gustou.
¡Así naceu a nosa mascota, só nos faltaba atopar un nome!
Novamente pedimos a colaboración de todos e todas para aportar dous nomes por titoría.
Tras unha primeira escolla, expuxéronse cinco nomes, que cadaquén veu a votar como a vez anterior. ¡O nome gañador foi ROKI!
A partires de agora Roki acompañará tódalas actividades na nosa biblioteca, comunicará as novas e terá un lugar preferente na sala de lectura e outros lugares anexos onde estean os libros, os seus mellores amigos despois dos lectores e lectoras.
Saúdos de Roki

Contos e lendas do mundo

 

Unha maneira máis de coñecer outros pobos e outras culturas é a través dos seus contos e lendas.

Disfruta estas historias que se contan nos lugares máis diversos do planeta.

El agua del paraíso. Conto árabe

Tres ciegos y un elefante. Conto hindú

El boomerang. Conto australiano

El dueño de la luz. Conto venezolano.

Se queres coñecer máis contos do mundo clica aquí 

Falemos de Paz

 

Para o 30 de xaneiro, Día da Paz, preparamos unha exposición nos taboleiros da nosa biblioteca sobre o tema.

Nunha fermosa pomba branca o alumnado rotulou a palabra Paz en diferentes idiomas. Esta pomba estaba rodeada por mans pintadas de vistosas cores simbolizando a irmandade de tódolos homes e mulleres do mundo.Diversos carteis recollían imaxes e poemas sobre o tema.

Ese día falamos sobre o tema da paz e os seus significados nas aulas, lemos e comentamos os carteis da biblioteca; e, por último, xuntámonos no salón de actos do colexio para ler un manifesto, que cada curso preparou, representando a unha cultura diferente á nosa (hindús, árabes, africanos, chineses,...). Para rematar, cantamos xuntos unha canción que falaba da irmandade, da xustiza, da solidariedade,...en fin da PAZ.

Clica aquí para ler o manifesto dos african@s.

Guía de lecturas para o Nadal

Neste tempo de frío e vacacións é un bo momento para a lectura de vagar a carón do lume.
Quizais os Reis Magos nos traian dende lonxe unha historia inolvidable. ¿Podemos suxerir algunha?

Ofrecémosche esta guía para facer unha escolla interesante.

Ilustramos os clásicos

Despois de coñecer aos máis famosos recopiladores de contos cláscios. Despois de ler, contar, e lembrar moitos destes contos; fixemos algúns traballos plásticos sobre eles que colocamos no "escaparate" da nosa "biblio".

Clicando aquí poderás ver a nosa exposición.

Irmáns Grimm


Os irmáns Grimm foron dous dos recopiladores de contos máis coñecidos. Adicáronse a percorrer pobos e aldeas recollendo contos que a xente contaba.Grazas ao seu labor de recollida chegaron ata nós contos tan coñecidos como Carapuchiña Vermella, Cincenta e tantos outros.

Se queres coñecer os seus contos clica aquí

Irmáns Grimn

Irmáns Grimn

Contos clásicos

Contos clásicos

Andersen

Andersen
Distribuir contido


by Dr. Radut