Skip to Content

Animación á lectura

(clica sobre a imaxe para ver a información)

Chegaron as vacacións!!

Por fin chegaron as vacacións!! Xa non haberá que erguerse cedo, nen estudiar, nen facer deberes. Agora toca descansar, ir á praia ou á piscina, xogar c@s amig@s, facer unha viaxe, ...; en fin, mil cousas. Eu, ademais, vou ler algún bo libro porque sempre é un amigo que che conta cousas e pode ir contigo a todas partes.
Por se queres ti tamén ler, vouche facer algunha suxestión (preme no adxunto debaixo do vídeo).

Mira e escoita a este grupo musical que canta o interesante que pode ser a lectura.

LIBROS PARA  VERÁN 

Os Bolechas en Teo

 

Xa no principio de curso chegaron Os Bolechas a Teo, pois o seu "pai creador", Pepe Carreiro, publicou unha nova aventura na que os Bolechas se achegan a Teo para celebrar o Entroido, a festa do Xenerais do Ulla.

Mercamos algúns exemplares para a nosa "biblio" e os pequenos e pequenas, que adoran estes personaxes, puideronos acompañaR na súa aventura por estas terras, onde eles e elas viven.

Hai unhas semanas, o Concello atendeu unha solicitude da nosa "biblio" para contar cun lote de aula, e poder desfrutar e comentar o libro un grupo completo ao mesmo tempo. Así, chegaron da man da Concelleira de Cultura do Concello, un lote de 25 exemplares, que xa teñen un lugar do honra na nosa biblio.

Graciñas polo agasallo e que veñan moitos máis!!!!

Libros, libros mil, no mes de abril

  Chegou o mes de abril e con el as dúas conmemoracións en torno aos libros (2 de abril e 23 de abril). Como outros anos imos celebrar estas datas con diversas actividades.
  Comenzaremos coa lembranza do nacemento de Miguel Hernández, do que este ano 2010, cúmprese o centenario. Lembraremos a súa figura e a súa obra.
  Arrincaremos co proxecto para o trimestre que xirara en torno á banda deseñada, e, máis concretamente, sobre a serie de Astérix e Obélix. A aldea gala e os seus queridos personaxes habitarán a nosa biblioteca.
  Teremos tamén dúas visitas relacionadas cos libros e a lectura: un contacontos que fará relamberse ao alumnado de infantil e 1º ciclo; e, a visita de Ramón Caride, escritor  do que levamos un tempo lendo a obra.
  Como vedes, temos moitos proxectos, dos que vos iremos informando segundo vaiamos traballando.

Falando en verso

  Un ano máis chegou a primavera e con ela a festa da poesía. Hoxe, día 21 de marzo, hai dúas celebracións: Día Mundial da Poesía e o Día Mundial da Árbore.

  No noso colexio dende hai uns anos adicamos o mes de marzo á poesía. Os libros de poesía da nosa biblioteca saen dos seus estantes e amosan ao noso alumnado o seu fermoso contido, poemas para copiar, ler, recitar, ilustrar e inspirar as creacións da rapazada do cole.

  Este curso escollemos un tema que non parece poético: os seres inanimados, as cousas grandes ou miúdas, que ás veces están aí, a cotío, e son compañeiros mudos pero fieis: xoguetes, libros, obxectos do cole ou da casa; que nos traen fermosas lembranzas ou nos dan seguridade.

  A esas cousas imos adicarlle os nosos versos; e para inspiración contamos cun fermoso libro dun grande poeta galego, Manuel María. O seu libro "Os soños na gaiola" recolle poemas a esas cousas que a el lle fixeron xurdir un sentimento poético. Le este adicado a un barco de xoguete.

Semanario de literatura infantil e xuvenil en versión dixital

Este semanario  é o suplemento infantil dunha web para adult@s chamada "Libro de Notas". A idea para a súa publicación xurdiu trala desaparición del Pequeño País que se publicaba co xornal El País os domingos. Os seus autores pensaron que era unha mágoa que desaparecera aquel semanario, que a tantos rapaces e rapazas gustaba recibir cada semana, e decidiron engadir esta publicación á súa web.

Este sitio contén historietas de banda deseñada (cómics), textos e outros contidos relacionados coa lectura, axeitados para xoves e cativ@s dende os 5 anos ata os 120...(polo menos). Non contén publicidade e ademais podédesvos suscribir para que vos envíen por mail o aviso das novidades. 

Botádelle unha ollada, paga a pena!!(preme)

 

Mochila viaxeiras

Este curso comezan de novo a súa andaina as nosas mochilas viaxeiras, co seu agasallo de información  e divertimento saído da nosa biblioteca.

Despois da primeira experiencia do curso pasado, onde só os cursos  2º e 4º de primaria puideron "saborealas" (pois tiñamos poucas); este curso, tras conseguir un número maior, rodarán dezaseis mochilas, ampliándose a oferta a 6º.

Cada mochila transporta un " tesouro", unha pequena mostra do que contén a nosa biblioteca: poesía, informativo, narrativa, cómic, revista, dvd,... e visitará a casa de cada alumn@ durante unha semana, tempo durante o cal toda familia poderá disfrutala. Coa mochila vai un caderno viaxeiro onde tódolos membros da familia poden facernos chegar a súa experiencia: comentarios, debuxos, fotos, propostas...

O próximo curso esperamos comenzar dende o principio coas mochilas rodando por tódolos cursos.
Boa viaxe!!!

 

Libros recomendados

Ola, colegas! ¿Como vai o Nadal?
Vacacións, agasallos, turrón e mazapán; en fin, xenial! A min o que máis me gusta é o turrón de chocolate con froitos secos; se ademais estou lendo un bo libro, acabo coa tableta sen darme conta, e logo xa imaxinades o empacho!!
  Se aínda tendes tempo de mandar a carta aos Reis, vos lembro as recomendacións de libros que vos fixemos, por se alguén a extraviou e quere darlle algunha idea.
 
Espero que vos traian moitas cousas os Reis, aínda que co frío que vai, tamén poderían deixar o carbón.
Ata a volta!!
 
 

Nova colección de Kika Superbruja

 

Knister, o autor "pai" deste personaxe tan querido por vós, continúa escribindo as súas aventuras; e agora publica na editorial Bruño unha nova minicolección de libros para coñecer todo o que hai que saber sobre os piratas, os dinosaurios, os cabaleiros medievais e os antiguos exipcios.

Da man de Kika lerás textos informativos, curiosidades contadas por ela e tamén farás divertidos pasatempos.

 

Saberás tamén, que xa se estreou a película baseada no libro "Kika Superbruxa e o libro dos feitizos ". Se aínda non liches o libro , vén á nosa biblio, debes lelo para logo comparar coa película. A "peli" ten tódolos ingredientes para ser un éxito: humor, fantasía, aventuras e MAXIA!!!

Podes ver un adianto aquí.

Nuestro cuerpo

Sabes por que podemos movernos? Sabes por que temos fame; ou como pensa o noso cerebro?

Chega ata a nosa biblioteca unha pequena colección de libros para o coñecemento do noso corpo, presentados por Anita Ganeri na Editorial Everest. É axeitada para pequen@s curio@s de 2º e 3º cursos, que lles interesa saber como funciona este corpo que levamos posto.

 Con estes libros poderás satisfacer a túa curiosidade con informacións sinxelas, anécdotas soprendentes e divertidas actividades; acompañadas ademais, de ilustracións e fotografías moi claras.

Son seis títulos e cada libro trata un tema diferente relacionado co funcionamento do corpo humano (o sangue, o cerebro, os sentidos...) 

Non tardes en vir a botarlles un ollo!! 

COÑECE O UNIVERSO

…5, 4, 3, 2, 1, 0,…DESPEGAMOS!!!. ALÁ IMOS,  UNIVERSO!!!

 

Ola, colegas. Alédome de estar de novo con vós. Xa vos botaba de menos.

Este trimestre dende a biblioteca ímos desenrolar un proxecto  xunto co departamento de actividades extraescolares para coñecer o UNIVERSO, xa que este ano celébrase o ano internacional da Astronomía.

A proposta consiste en que cada grupo aula elaborara un traballo onde ten cabida a información, a beleza plástica, contos, poesías, adiviñas,…sobre un tema relacionado co Universo (porque é moi grande).

Tamén as familias, poden colaborar, como xa fixeron outros anos. Despois expoñerémolos para que todos e todas poidamos coñecer moitas cousas sobre eso tan grandísimo e inabarcable que é o Universo.

 

Por certo, sabedes como chegou a lúa ao ceo? Pois lede esta lenda

Distribuir contido


by Dr. Radut