Skip to Content

Animación á lectura

(clica sobre a imaxe para ver a información)

Un encontro con Anxo Fariña

    O venres pasado recibimos a visita do escritor e ilustrador Anxo Fariña. Xa moi coñecido polas series de "Antón e Pompón", "O cabaleiro D. Quixote" ou "Os megatoxos";  o ano 2011 gañou o premio Merlín co seu último libro "A chave da Atlántida". 

    Este libro foi lido e comentado polo alumnado de 3º ciclo nas aulas e tiñan moito interese en coñecer como foi creado. O escritor, nun principio,  foi desgranando como lle xurdiu a inspiración para a historia que conta: o lugar, os personaxes, a fantasía...

    A continuación o alumnado quixo saber moitas máis cousas sobre el e a súa maneira de traballar. Ao remate amosounos a súa habiblidade como ilustrador, creando en poucos minutos un personaxe inspirado nunha nena que escolleu ao azar.
Foi un encontro moi interesante.
Grazas Anxo!

"Pizca de sal", nova colección

 

 Da man da editorial Anaya chega á nosa biblioteca  unha nova colección chamada "Pizca de sal" que combina a literatura e o s contidos de distintas materias do currículum.

Cada libro aborda contidos de matemáticas, coñecemen to,...a través dunha historia de ficción cunha trama atractiva e divertida; así como cunha linguaxe adecuada á edade dos lectores.
Os libros están ilustrados por varios autores con diversidade de técnicas e estilos, contribuíndo a desenvovlver a imaxinación e o sentido estetico dos lectores. Ademais van acompañados de fichas de actividades para traballar arredor da historia e os contidos aos que fai referencia.
Supoñen, en definitiva, unha maneira novedosa de adquisición do hábito lector xunto coa aprendizaxe significativa.

Para saber máis, le o pdf adxunto.

A chave da Atlántida

     A chave da Atlántida foi o libro gañador do Premio Merlín 2011. Esta obra do autor e  ilustrador Anxo Fariña utiliza o mito da Atlántida para recrear unha aventura destinada aós lectores máis novos.
    Trátase dunha novela de ciencia-ficción onde a intriga non da un respiro cun ritmo trepidante ata o sorprendente final.
     Anxo Fariña é un autor coñecido por nós xa que as súas series de Antón e Pompón, para infantís; e a protagonizada polos Megatoxos, para os máis grandes, tiveron bastante éxito. O autor compartiu hai uns anos no noso colexio unha charla na que desvelou a súa arte como ilustrador, agasallándonos cos seus debuxos.
(Unha breve sinopse da obra poderás lela no pdf adxunto)

ASTÉRIX E OBÉLIX NA RAMALLOSA

 

Os dous galos chegaron ata a nosa biblioteca acompañados de tódolos seus veciños da aldea para facernos disfrutar das súas aventuras.
Desta maneira a entrada da nosa "biblio" estará unha tempada "tomada" por Astérix, Obélix e compañía: os seus libros, a súas películas e todos aqueles traballos que o alumnado vai facendo sobre estes personaxes, tan queridos xa para algúns; pero aínda descoñecidos para outr@s.
Achégate a coñecelos e viaxa con eles lendo as súas aventuras, POR TUTATIS!!(cartel)

Se queres saber máis sobre estes personaxes podes consultar esta páxina web.

Ademais, se aínda non eres un experto lector de cómics quizais deberías revisar esta guía, axudarache a entender mellor as historietas  de cómic.

 

 


"Cousas de animais e algo máis"

Este libriño de pequeno formato foi o primeiro agasallo de Reis que recibiron os nenos e nenas de Teo, cando se achegaron a saúdar ás "súas maxestades", a tardiña do 5 de xaneiro no noso concello.

Este libro editado polo concello pretende, ademais de agasallar aos rapaces de Teo, ser unha homenaxe a un grande escritor e galeguista, veciño deste concello, D. Avelino Pousa Antelo; un home que en diversas ocasións visitou o noso colexio para contar algunha das súas moitas vivencias.

Nel recóllense algúns pequenos textos seus, publicados hai xa moitos anos. Son, máis que historias, sinxelas reflexións sobre algúns animais do noso contorno, as súas características e a súa presenza na literatura popular (refraneiro, coplas, ...) Así, galiñas, burros, lebres,... "e algo máis", amósanse nas verbas entrañables deste querido escritor, acompañados dunhas fermosas ilustracións de Óscar Villán (tamén veciño de Teo)

O concello enviou tamén un lote de exemplares á biblioteca, para que mediante a lectura en grupo nas aulas, poidamos disfrutalo xuntos. 

Agradecemos esta estupenda iniciativa!

Como contar un conto. Guía para pais e nais

 

Non fai falta ser un gran contador/a de historias para encandilar a un pequen@ cun conto, trátase dun público fácil.Pero si existen algúns truquiños que poden mellorar as historias que contamos. De calquera xeito o máis importante é: tempo e ganas.

Aquí tendes unhas pequenas pautas que poden axudar.

Dous fantásticos libros para un novo curso

 Un adianto de dous libros que se incorporan á nosa "biblio"

 

El libro de las tierras imaginadas. Guillaume Duprat. Editorial Oniro. (lectores autónomos).

¿Como era a Terra, antes de ser redonda?

Antes de descubrir que a terra era redonda, os homes  imaxinárona  de moitas maneiras. Este libro repasa, a través da
ilustración e de troquelados sinxelos, as múltiples formas nas que
se representou o planeta ao longo da historia. É un libro que amosa o conectada que está a fantasía e a ciencia. Un libro para
curiosos, que tamén ten moito humor.

 

 

 

 

Madre  chillona. Jutta Bauer. Editorial Lóguez.(prelectores e primeiros lectores)

Cando se enfada mamá pingüín, pode ocorrer un desastre.

 Unha mañá mamá pingüín está tan enfadada e o seu berro é tan forte que o
pequeno pingüín rompe en varios pedazos. Mamá, pacientemente, debe
percorrer o mundo, recompor os pedazos, coselos con coidado e, o máis
importante, dar un gran abrazo e pedir perdón.

Ás veces as mamás se enfadan pero tamén saben pedir perdón.

Chegaron as vacacións!!

Por fin chegaron as vacacións!! Xa non haberá que erguerse cedo, nen estudiar, nen facer deberes. Agora toca descansar, ir á praia ou á piscina, xogar c@s amig@s, facer unha viaxe, ...; en fin, mil cousas. Eu, ademais, vou ler algún bo libro porque sempre é un amigo que che conta cousas e pode ir contigo a todas partes.
Por se queres ti tamén ler, vouche facer algunha suxestión (preme no adxunto debaixo do vídeo).

Mira e escoita a este grupo musical que canta o interesante que pode ser a lectura.

LIBROS PARA  VERÁN 

Os Bolechas en Teo

 

Xa no principio de curso chegaron Os Bolechas a Teo, pois o seu "pai creador", Pepe Carreiro, publicou unha nova aventura na que os Bolechas se achegan a Teo para celebrar o Entroido, a festa do Xenerais do Ulla.

Mercamos algúns exemplares para a nosa "biblio" e os pequenos e pequenas, que adoran estes personaxes, puideronos acompañaR na súa aventura por estas terras, onde eles e elas viven.

Hai unhas semanas, o Concello atendeu unha solicitude da nosa "biblio" para contar cun lote de aula, e poder desfrutar e comentar o libro un grupo completo ao mesmo tempo. Así, chegaron da man da Concelleira de Cultura do Concello, un lote de 25 exemplares, que xa teñen un lugar do honra na nosa biblio.

Graciñas polo agasallo e que veñan moitos máis!!!!

Libros, libros mil, no mes de abril

  Chegou o mes de abril e con el as dúas conmemoracións en torno aos libros (2 de abril e 23 de abril). Como outros anos imos celebrar estas datas con diversas actividades.
  Comenzaremos coa lembranza do nacemento de Miguel Hernández, do que este ano 2010, cúmprese o centenario. Lembraremos a súa figura e a súa obra.
  Arrincaremos co proxecto para o trimestre que xirara en torno á banda deseñada, e, máis concretamente, sobre a serie de Astérix e Obélix. A aldea gala e os seus queridos personaxes habitarán a nosa biblioteca.
  Teremos tamén dúas visitas relacionadas cos libros e a lectura: un contacontos que fará relamberse ao alumnado de infantil e 1º ciclo; e, a visita de Ramón Caride, escritor  do que levamos un tempo lendo a obra.
  Como vedes, temos moitos proxectos, dos que vos iremos informando segundo vaiamos traballando.
Distribuir contido


by Dr. Radut