Skip to Content

"Cousas de animais e algo máis"

Este libriño de pequeno formato foi o primeiro agasallo de Reis que recibiron os nenos e nenas de Teo, cando se achegaron a saúdar ás "súas maxestades", a tardiña do 5 de xaneiro no noso concello.

Este libro editado polo concello pretende, ademais de agasallar aos rapaces de Teo, ser unha homenaxe a un grande escritor e galeguista, veciño deste concello, D. Avelino Pousa Antelo; un home que en diversas ocasións visitou o noso colexio para contar algunha das súas moitas vivencias.

Nel recóllense algúns pequenos textos seus, publicados hai xa moitos anos. Son, máis que historias, sinxelas reflexións sobre algúns animais do noso contorno, as súas características e a súa presenza na literatura popular (refraneiro, coplas, ...) Así, galiñas, burros, lebres,... "e algo máis", amósanse nas verbas entrañables deste querido escritor, acompañados dunhas fermosas ilustracións de Óscar Villán (tamén veciño de Teo)

O concello enviou tamén un lote de exemplares á biblioteca, para que mediante a lectura en grupo nas aulas, poidamos disfrutalo xuntos. 

Agradecemos esta estupenda iniciativa!



page | by Dr. Radut