Skip to Content

A nosa mascota

    Dende a nosa biblioteca temos unha boa noticia que comunicar: a "biblio" xa non está orfa. ¡¡TEN UNHA MASCOTA!! Chámase ROKI.
Atopamos esta mascota mediante un traballo colaborativo no que participou todo o alumnado do noso cole, dende os máis pequeniños de infantil ata os mangallóns de sexto curso. O proceso foi como segue:
Primeiro, todo alumnado debuxou na súa titoría un personaxe que podería representar á nosa “biblio” como mascota.
Tras unha primeira escolla do titor ou titora daqueles máis xeitosos, o equipo da biblioteca fixo unha segunda selección para deixar só sete debuxos (foi moi difícil facer esta escolla!).
Estes sete debuxos expuxéronse no taboleiro da biblioteca e todo alumnado, de novo, achegouse para votar no bozón de suxestións aquel personaxe que máis lle gustou.
¡Así naceu a nosa mascota, só nos faltaba atopar un nome!
Novamente pedimos a colaboración de todos e todas para aportar dous nomes por titoría.
Tras unha primeira escolla, expuxéronse cinco nomes, que cadaquén veu a votar como a vez anterior. ¡O nome gañador foi ROKI!
A partires de agora Roki acompañará tódalas actividades na nosa biblioteca, comunicará as novas e terá un lugar preferente na sala de lectura e outros lugares anexos onde estean os libros, os seus mellores amigos despois dos lectores e lectoras.
Saúdos de Roki


page | by Dr. Radut