Skip to Content

Falando en verso

  Un ano máis chegou a primavera e con ela a festa da poesía. Hoxe, día 21 de marzo, hai dúas celebracións: Día Mundial da Poesía e o Día Mundial da Árbore.

  No noso colexio dende hai uns anos adicamos o mes de marzo á poesía. Os libros de poesía da nosa biblioteca saen dos seus estantes e amosan ao noso alumnado o seu fermoso contido, poemas para copiar, ler, recitar, ilustrar e inspirar as creacións da rapazada do cole.

  Este curso escollemos un tema que non parece poético: os seres inanimados, as cousas grandes ou miúdas, que ás veces están aí, a cotío, e son compañeiros mudos pero fieis: xoguetes, libros, obxectos do cole ou da casa; que nos traen fermosas lembranzas ou nos dan seguridade.

  A esas cousas imos adicarlle os nosos versos; e para inspiración contamos cun fermoso libro dun grande poeta galego, Manuel María. O seu libro "Os soños na gaiola" recolle poemas a esas cousas que a el lle fixeron xurdir un sentimento poético. Le este adicado a un barco de xoguete.



page | by Dr. Radut