Skip to Content

Blogues

PEQUENO XARDÍN DA ESPERANZA 22-23

Na materia de Relixión continuamos coa experiencia iniciada o curso pasado co alumnado de 2º curso. Dado o éxito e por petición do resto dos alumnos, decidín exportala ao conxunto do alumnado matriculado en relixión e así, durante todo o curso foi pasando o alumnado dende 4º de Infantil a 6º de Primaria.

Por medio desta actividade traballamos valores coma a constancia, o esforzo, a responsabilidade, o respecto, a sensibilidade, o altruísmo, o compromiso co medio ambente e por suposto... A ESPERANZA.

 

Déixovos unha pequena mostra fotográfica da actividade

 

   ASÍ O ATOPAMOS EN SETEMBRO 

 

         ASÍ QUEDOU EN XUÑO

 

E DURANTE O CURSO.....

 

 

 

 

 

 

 

FIN DE CURSO- XUÑO 2023

CHEGOU A FIN DESTE CURSO E TOCA UN DESCANSO BEN MERECIDO PARA TODAS AS CRIANZAS . COMPARTO AS ÚLTIMAS PROPOSTAS PARA DESPEDIRNOS DE XEITO LÚDICO COMO AOS PEQUES LLES GUSTA; CON COLCHONETAS, FESTA DA AUGA E DA ESPUMA, MERENDOLA COMPARTIDA

AO LONGO DO CURSO TIVEMOS UN TEATRILLO NA AULA DO QUE GOZABAN MOITO, POLO QUE APROVEITAMOS E FIXEMOS UNS CONTIÑOS INVENTADOS, CON TÍTERES, POR PARELLAS: QUE VERGOÑA LLES DABA FALARA DIANTE DOS COMPIS!, PERO XA SE OBSERVA QUEN TEN IMAXINACIÓN E INICIATIVA Sorriso

 

O ALUMNADO DE 6ºC CONVIDOU A UN TEATRO A TODO O ALUMNADO DE INFANTIL; DRAMATIZARON O CONTO "A COLLEITA DE RATIÑO", ED. OQO, UN CONTO QUE ESTIVERON PREPARANDO DURANTE O CURSO (TEXTO, POSTA EN ESCEA, DECORADOS, VESTIMENTAS, ENTRADAS). GRAZAS POR ACTUAR PARA NÓSE PARABÉNS POLO TRABALLO.Guiño

                 CLICA NA FOTO PARA VER MÁIS

   

 

COMO ANDIVEMOS INVESTIGANDO SOBRE AS ABELLAS, DESCUBRIMOS A "LA ABEJA MAYA" MEDIANTE O VISIONADO DUN CAPÍTULOSorriso

PODEDES APROVEITAR A VER OUTROS AGORA NO VERÁN

   

DESPEDIDA COA FESTA DA AUGA E DA ESPUMA, CON COLCHONETAS E MERENDOLA COMPARTIDA CON TODO O CICLO DE INFANTIL

   CLICA NA SEGUINTE FOTO PARA VER MOITAS MÁIS

    

 

 

                                           BO VERÁN FAMILIASGuay

Vídeo Ineteración

INTERACCIÓN ENTRE MUSEOS, INSTITUCIÓNS E ESCOLA.

Como ben sabedes, este curso participamos en proxectos con distintas Institucións museísticas e Comunidades e Organización adicadas ao mundo das Artes Plásticas, Visuais e Artísticas. Todas as experiencias de traballo desenvoltas, coinciden en destacar a importancia da acción e investigación, traballando conceptos como identidade, territorio, contorna e pertenza. 

Como teredes visto no blogue, recibimos a maleta Big Valise e  inauguramos o Baúl Celebratorio do Museo Thyssen de Madrid. Un ano máis, tamén participamos no Certame de Arte Escolar da Fundación Eugenio Granell, onde todas as obras extiveron expostas durante as vacación de nadal e co Museo de Arte Contemporáneo de Santiago, que nos prestou un material do máis interesante.

Todas estas actividades tan interesantes, e outras máis, podédelas consultar neste mesmo blogue. 

Neste curso, coma estades a comprobar, moitos deses traballos foron efémeros, pero os resultados  individuais deste, van ser enviados en fotografías.

Na última semana, como é habitual, enviaremos todas as producións. 

Quedan aínda por subir, as derradeiras propostas que poderedes consultar xa a semana que vén.

 

Agora, agadamos que vos guste todo o noso creativo traballo. Consultade este vídeo que recolle todas esas interesantes experiencias.

 

 

 https://www.youtube.com/watch?v=kl_OMPY5KV4

 

 

 

 

CARTOGRAFÍAS TÉXTILES

CARTOGRAFÍAS TÉXTILES.

Trátase dun proxecto internacional de investigación-acción participativa que procura mover o estudo e o facer artístico con materiais e técnicas textis como o bordado( ou calquera outra) e ten como eixo temático o obxectivo 16 de Desenvolvemento Sostible da axenda 2030 das Nacición Unidas que reclama promover sociedades xustas, participativas e inclusivas.

Mediante a elaboración de pequenas pezas en tea de 10*10 cms, procuramos reflexionar sobre a nosa ralación coa contorna e o territorio e así favorecer a cphesión social, o medioambiente e a relación coa identidade e patrimonio.

O lema proposto destev interesante proxecto foi: Dálle voz ao teu lugar.

 

Aquí en Galicia, a coordinación correu a cargo das profesoras de Educaciíón Visula e Plástica da Escola de Maxisterio de Santiago, Cristina Trigo Martínez e Chus Agra e o apoio do Museo do Pobo Galego, que deixou parte das súas instalación para a exhibición de todas as achegas recibidas e que poderedes visitar ata o 30 de abril.

A mostra seguirá percorrido por varios lugares máis do mundo e a próxima parada será en Namibia.

 

  Aquí, podedes ver os marabillosos traballos que realizamos.

Aínda estades a tempo de ires visitala.

 

 

OUTRO NOVO PROXECTO

NON O IDES CRER!

Logo de realizar un novo monográfico de formación no CGAC sobre volume e construción tridimensinal coa profesora de de Artes Gael Zamora na faculatade de Segovia e da que sempre aprendes e que nunca deixa de sorpender, con toda a confianza pedinlle prestado este material que me pareceu marabilloso para levar á aula. Por suposto, agradecer a Gael a súa xenerosidade, a Virginia do CGAC pola súa amabilidade e á miña amiga e compañeira Laura García por esa magnífica Rosalía. Agora toca adiviñar que é ese material. 

 

Así de vistosas foron as nosas producións. aquí ou na imaxe, partillamos.


2º TRIMESTRE

MALETA CELEBRATORIO

Estamos de festa.

E a ocasión ben paga a pena. O colectivo Musaraña de Educathyssen de docentes adicadas e adicados ao mundo da arte, festexamos o noso 10 aniversario. Por ese motivo de celebración, aínda por riba tivemos a honra de ser o primeiro centro en poder gozar deste baúl cun material espectacular que desenveolveu en nós o gusto por experimentar, descubrir e comunicarnos visual, narrativa  e poéticamente nun ambiente lúdico e de xogo. Poidemos gozar del do xoves 19 de xaneiro ao 14 de febreiro. Ben que nos custou despedirnos!Nas fotografías, clicando aquí ou na imaxe, podedes ver o tipo deIMA materiais creados por Sara San Gregorio.

 

8M. CONMEMORACIÓN DO DÍA DA VIOLENCIA MACHISTA.

Aínda a estas alturas, temos que seguir a trababallar pola igualdade entre homes e mulleres en todos os eidos e o que é peor, por acabar coa lacra da violencia, falta de dereitos e a opresión que se produce entre o xénero feminino. Logo da lectura de varios textos infantiles onde se pon de relevo esa desigualdade, decidimos que o símbolo desta data que nos representa, quedara no patio cuberto para que poidera ver todo o alumnado. Coma sempre, para probar e cambir de soportes e presentación, ocorréusenos facer en papel de acetato e en papel fotográfico con rotulador pemanente lila. presentámolo nunhas bandas continuas a  modo de volantas. Por mor do vento, ao final, tiveron que ser trasladadas que trasladar ao interior. Ás veces as instalacións, teñen estas cousas! O importante, foi a coincienciación de traballarmos e sensibilizarnos de que aostamos e traballaremos un mundo igualitario onde todas as persoas teñamos os mesmos dereitos. 

 Mirade todas as nosas transparencias aquí.

MAXINARIA.

2º mostra internacional de Ilustración contemporánea.

O 24 de febreiro asistimos á sede da Afundación, na Rúa do Vilar de Santiago a este interesante mostra. Ademais de ver as lindezas alí expostas, poidemos tamén gozasr dun Obradoiro didáctico onde fixemos aiuténtica chuvia de ideas con paraugas. Para máis información poñédevos no subtítulo.

Aquí ou na ilustración, podedes velo.

 

BIG VALISE

QUE É A BIG VALISE?

É un proxecto impulsado por Educathyssen destinado a profesorado e alumnado desde Educación Infantil a Bacharelato, que busca potenciar o coñecemento do territorio físico e afectivo dos nenos e nenas a partir dunha grande maleta viaxeira.

O obxectivo é a partir da obra dos artistas Joseph Cornell e Kurt Schwitters  e que podedes ver nas fotografías ou enriba dos seus nomes, é traballar conceptos coma obra colaborativa, pertenza, metamorfose ou obra cotidiana.

Para obteres máis información, podedes premer aquí.

Esta é a segunda vez que nos visita. Aló no curso 16-17, tivemos a honra de participar na primeira edición. Se paseades polo blogue ata alá, podedes ver o noso traballo daquela. 

Nas dúas ocasións, aportamos un obxecto persoal e prezado por nós, para desenvolver a actividade. Desta volta, incriblemente conseguimos ser máis minimalistas e presentalo nun pen a partir do vídeo editado por Benxa Salgado e tedes máis adiante. Así podiamos recoller todas e cada unha das nosas alfaias.

Se premedes na imaxe ou aquí, tedes todo o proceso.

DEIXÁMOVOS 4 VÍDEOS

Parirtillamos os nosos obxectos prezados e expliclámosvos o porqué da nosa elección. ao ser un enlace, tedes que clicar nel.

Video I

https://www.youtube.com/watch?v=U4CLfx5aD5Q

Vídeo II

https://www.youtube.com/watch?v=s3cDaPI5KkE

 Vídeo III

https://www.youtube.com/watch?v=vDz5T50d-pY

Video IV

https://www.youtube.com/watch?v=XDgd04JPlYo

 

SEMANA do 6 ao 10 de MARZO

UNHA SEMANA MÁIS COMPARTO ALGUNHAS PROPOSTAS ARREDOR DAS QUE ANDIVEMOS A TRABALLAR:

- UNHA CONMEMORACIÓN QUE SEMPRE NOS PARECE IMPORTANTE ABORDALA, É O DÍA DA MULLER:

CONVERSAMOS DA IMPORTANCIA DE RESPETAR E VALORAR OS TRABALLOS DE TODOS E TODAS, DE LOITAR POLO QUE PENSAMOS QUE NOS GUSTA, DAS MULLERES TRABALLADORAS IMPORTANTES PARA CADA QUEN. ANTE ESTA CUESTIÓN, MOITO@S PENSARON EN ROSALÍA DE CASTRO (xa que hai uns días que falamos dela), ATA QUE ALGUÉN DIXO A SÚA NAI E LOGO XA ERA REITERATIVO ESTA VALORACIÓN DAS MAMÁS.

FALANDO DE OFICIOS, QUE LLE GUSTARÍA ÁS NOSAS CRIANZAS SER DE MAIOR? UN GRAN NÚMERO DAS NENAS DIXERON BAILARINA, PERO LOGO HABÍA VARIEDADE DE PROFESIÓNS, E ASÍ O DEBUXARON:

APROVEITAMOS TAMÉN A OCASIÓN, PARA FACER OUTRA APORTACIÓN A TEMÁTICA DO NOSO PROXECTO ANUAL, ARREDOR DO PATRIMONIO MUSICAL; QUIXEMOS DESTACAR ALGUNHAS MULLERES IMPORTANTES NO ÁMBITO DA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA, SABENDO QUE FALTAN MOITAS, E A TODAS ELAS QUEREMOS AGRADECER A SÚA LABOR POLA TRANSMISIÓN, CONSERVACIÓN E POSTA EN VALOR DA MÚSICA GALEGA, E SOBRE TODO, PANDERETEIRAS E CANTAREIRAS.

- SEGUIMOS COÑECENDO INFORMACIÓN DOS GATOS. VISIONAMOS UN VIDEO ONDE DESCUBRIMOS QUE O GATO É UN ANIMAL CUADRÚPEDO POR TEN 4 PATAS, IGUAL CA OUTROS MOITOS. E QUE NÓS AS PERSOAS, XUNTO A MOITAS AVES, SOMOS BÍPEDOS (TEMOS 2 PERNAS/PATAS). REXISTRAMOS ESTA INFORMACIÓN E APROVEITAMOS A COMPOÑER A IMAXE DUN GATO A MODO DE CREBACABEZAS, PARA FOMENTAR A DESENVOLVEMENTO ESPACIAL.

- PROPOSTAS INDIVIDUAIS: ENROSCAR- DESENROSCAR PARAFUSOS (MOTRICIDADE FINA) / ORDENAR A SERIE NUMÉRICA E ASOCIAR CANTIDADES / COMPOÑER VOCABULARIO RELACIONADO CO INVERNO / IDENTIFICAR O NÚMERO E FORMA DA CHAVE PARA ABRIR E PECHAR AS PORTAS DA CASA, ..

  

- PSICOMOTRICIDADE:

   *COLOCAD@S EN  FILA, PASAR UNHA PELOTA POR DEBAIXO DAS PERNAS- POR ENRIBA DA CABEZA

 

   *XOGO EN PARELLA: SENTADOS EN PARELLA DE COSTAS ENTRE SÍ CUNHA PELOTA NO MEDIO, TOCARSE AS PARTES DO CORPO INDICADAS E AO NOME DE "PELOTA" , XIRARSE CON AXILIDADE PARA COLLER A PELOTA ANTES C@ COMPAÑEIR@

do 23 ao 3 de MARZO

VOLTAMOS COMPARTIR CON VÓS DIVERSAS PROPOSTAS SOBRE AS QUE ANDIVEMOS TRABALLANDO NOS ÚLTIMOS DÍAS DE FEBREIRO E INICIOS DE MARZO.

- 23 DE FEBREIRO, ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO: FALAMOS DESTA AUTORA COMO UNHA DAS NOSAS ESCRITORAS GALEGAS MÁIS ILUSTRES, LEMOS O SEU POEMA "ADIÓS RÍOS ADIÓS FONTES", NO QUE SE REFLEXA A SÚA NOSTALXIA E AMOR POLA SÚA TERRA GALEGA E DECORARON O SEU RETRATO AO ESTILO ANDY WARHOL.

   

 

UN AMOR SIMILAR POLA NOSA CONTORNA, QUEREMOS TRASLADAR ÁS NOSAS CRIANZAS, E PEDIMOS A COLABORACIÓN DAS FAMILIAS, PARA RECUPERAR E RECOLLER OS TOPÓNIMOS DO NOSO CONCELLO,  PARA COÑECELOS E INTENTAR QUE NON SE PERDAN; DE ONDE DERIVA O NOME DO NOSO COLEXIO, E DO LUGAR ONDE VIVEN?, SE CADRA A CASA DOS SEUS AVÓS É COÑECIDA POR UN ALCUME POR ALGÚN MOTIVO NATURAL?, OU HAI ALGÚN RÍO OU FONTE OU PONTE PRETO DA VOSA CASA E NON SABÍAMOS O SEU NOME?, O PROPIO APELIDO PODE TER RELACIÓN CUN ELEMENTO NATURAL?,...; AXUDEMOS QUE O NOSO PATRIMONIO EN FORMA DE TOPÓNIMOS, NON SE PERDA EN AGRADECEMENTO A TODOS OS ANTEPASADOS

 

- COIDADO POLA CONTORNA:

   AO LONGO DESTES DÍAS TOCOUNOS SER "COMANDO VERDE": LEVAR RESTOS ORGÁNICOS DAS MERENDAS AO COMPOSTEIRO, LIMPAR DE LIXO O PATIO DO COLEXIO E COIDAR O NOSO HORTO NO QUE INICIAMOS A PLANTACIÓN. QUEDAMOS BASTANTE ASOMBRADOS DA CANTIDADE DE LIXO QUE RECOLLEMOS PORQUE OS MAIORES NON  FAN UN BO USO DAS PAPELEIRAS E MANCHAN O ESPAZO NO QUE XOGAN E CONVIVEN CADA DÍA.

        
 

   * FIXEMOS UNHA SAÍDA Á CARBALLEIRA QUE LINDA CO COLEXIO, NESTA OCASIÓN PARA IR VER O RÍO TELLA, QUE NON COÑECÍAN E FORMA PARTE DA RIQUEZA DO COMCELLO DE TEO. ADEMAIS CO BO TEMPO É MOI AGRADABLE PASEAR ENTRE A NATUREZA, GOZAR DA TRANQUILIDADE, DO CANTAR DOS PAXARIÑOS QUE XA VOLTAN.

E UN RETO QUE AFRONTAMOS, NESTE PASEO, FOI BAIXAR E SUBIR A PENDENTE QUE SEPARA A BEIRA DO RÍO DO MONTESorriso

 

- LOXICAMATEMÁTICA:

   * ORDENAR A RECTA NUMÉRICA EN ORDE ASCENDENTE E REPRESENTAR A CANTIDADE QUE CORRESPONDA

   * USO DO DADO DE PUNTOS: RECOÑECER A CANTIDADE QUE INDICA A TIRADA DO DADO, IDENTIFICAR O CARDINAL QUE A REPRESENTA NA RECTA NUMÉRICA E REPRSESENTALO NO NÚMERO DE GOMETS/BOTÓNS A COLOCARLLE A UN BONECO DE NEVE. TAMÉN APROVEITAMOS A APRENDER UNHA ADIVIÑA SOBRE ESTE PERSONAXE, BUSCAR AS VOGAIS NO TEXTO E LOGO FACER UN RECONTO DAS MESMAS

  

 

   * RECONTO DA CANTIDADE DE PLÁSTICO XERADO DURANTE O MES DE FEBREIRO,  QUE SE FOI REXISTRANDO NUNHA TÁBOA CADA DÍA NO MOMENTO DAS MERENDAS. NESTA OCASIÓN, DE ENTRE BOTES, BRICKS E ENVOLTORIOS, SEGUIMOS XERANDO MAIOR CANTIDADE NO NÚMERO DE ENVOLTORIOS. PERO ESTAMOS SATISFEIT@S PORQUE IMOS REDUCINDO AQUELES PLÁSTICOS DUN SO USO QUE PODEMOS, COMO É O CASO DO PAPEL ALBAL OU FILME.

 

- PROXECTO SOBRE OS GATOS: 

IMOS AVANZANDO NA BUSCA DE INFORMACIÓN E NO DESCUBRIMENTO DE NOVOS CONCEPTOS COMO: QUE SIGNIFICA UN SER VIVO, UN MAMÍFERO OU UN VIVÍPARO E OVÍPARO.

O DIÁLOGO PARTIU DA CUESTIÓN, QUE É UN SER VIVO? HOUBO VARIAS OPINIÓNS E APORTACIÓNS (EXE.:"É ESTAR VIVO", "NÓS NON SOMOS SERES VIVOS, SOMOS PERSOAS", "SE TEN PATAS É UN SER VIVO") FINALMENTE CHEGAMOS A CONCLUSIÓNS:

 

- PSICOMOTRICIDADE: NA SESIÓN DESTA SEMANA, FIXEMOS UN PEQUENO QUENCEMENTO E LOGO UN PERCORRIDO TRABALLANDO O COÑECEMENTO DAS POSIBLIDADES DO CORPO (DESPLAZARSE A CATRO PATAS, PINCHACARNEIRO) E O INTERIORIZACIÓN DE NOCIÓNS ESPACIAS (POR DEBAIXO, POR DENTRO, POR ENRIBA)

 

 

 

SEMANA DE ENTROIDO

AO LONGO DESTA SEMANA, FIXERONSE DISTINTAS PROPOSTAS RELACIONADAS CO FEFSTEXO DO ENTROIDO. ALGUNHAS DELAS:

- CUMPRIR CADA DÍA COS MANDATOS DO MECO:

   * LUNS PON NO PESCOZO ALGO FERMOSO.

   * MARTES, ALGO NA TESTA E GOZA DA FESTA.

   * MÉRCORES, NON DEAS A LATA, E PON PIXAMA E BATA.

   * XOVES FEFSTEIRO, DISFRÁZATE ENTEIRO.

- DECORAMOS UNHA MÁSCARA DE GATO, PORQUE ESTAMOS COA SECUENCIA DIDÁCTICA SOBRE OS GATOS, E UN ANTEFAZ ELIXIDO LIBREMENTE POR CADA CRIANZA (DECORADO CON ACUARELAS)

 

- FESTIVAL DE ENTROIDO: ESTE ANO O FESTIVAL XIROU ARREDOR DO NOSO PATRIMONIO, XA QUE ESTAMOS INMERSOS NUN PROXECTO ANUAL DE CENTRO, QUE FAI REFERENCIA A ESTA TEMÁTICA.

DENDE O CICLO DE INFANTIL, QUIXEMOS FACER UN GUIÑO AO NOSO TRAXE GALEGO, AÍNDA QUE PARA O ENTROIDO QUIXEMOS DARLLE UN TOQUE MÁIS VANGARDISTA E MODERNO, TOMANDO COMO REFERENCIA A UN GRUPO, QUE FAI  MÚSICA INFANTIL, COMO É "UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA".

COMO XA VOS COMENTAMOS, TIVEMOS A SORTE DE COÑECER DE PRIMEIRA MAN AS PRENDAS DO TRAXE DE GALA E DE FAENA, TANTO DE HOME COMO DE MULLER, COA A.C. A MÁMOA, DE CALO, E POSTERIORMENTE TRABALLÁMOLAS NA AULA

    

PARA FACER O DECORADO PARA O FESTIVAL, DECIDEUSE FACER UNHAS MÁSCARAS REPRESENTATIVAS DA TEMÁTICA ELIXIDA PARA O DISFRACE EN CADA NIVEL, POLO QUE NA NOSA AULA, FIXÉMOS A MÁSCARA BASEÁNDOSE NA MULLER DE COTÍO. E LOGO CADA CRIANZA DEBUXOUNA UNHA VEZ REMATADA

 

ASÍ DE FERMOSO FICOU O DECORADO PARA O DÍA DO FESTIVAL

ASÍ DE GUAPÍSIMOS E GUAPÍSIMAS LUCIRON OS SEUS DISFRACES, PARA BAILAR, ENTRE OUTROS, UNS PASOS DE MUIÑEIRA, NA SÚA ACTUACIÓN NO FESTIVAL.

 

 

           VIVA O ENTROIDO!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut