Skip to Content

Blogues

NÚMEROS NA CONTORNA: A NOSA ALTURA.

Continuamos co traballo relacionado cos números na contorna. Esta semana medimos a nosa altura, comparamos quen mide máis, igual ou menos.

 

 

NÚMEROS NA CONTORNA: A MATRÍCULA DO CARRO.

Hai moitos carros iguais mais como podemos saber de quen son? Con esta pregunta tan interesante, descubrimos para que serven as matrículas dos nosos carros. Primeiro, anotamos as  de tod@ e fixámonos como se forman. despois, escribimos a da nosa familia e deseñamos o carro. Outras actividades foron:

- Por equipos e cun listado de matrículas, fomos o aparcadoiro para rexistrar o modelo e a cor dos carros. Despois preguntamos polo cole para saber quen era @ don@.

- Na sesión de psicomotricidade, construimos un carro e inventamos unha matrícula.

 

 

 

 

 

"PACO NOGUEIRAS EN CONCERTO"

GRAZAS Á ANPA, O CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL PUIDO GOZAR DUN ESTUPENDO CONCERTO DO ARTISTAZO, PACO NOGUEIRAS, QUE LLES FIXO CANTAR E BAILAR CO VARIADO REPERTORIO DE CANCIÓNS DO SEU DVD "BRINCA VAI"

E NON PUIDEMOS DEIXAR DE APROVEITAR A OPORTUNIDADE DE QUE DEIXARA ASINADO OS 2 LIBROS- DVD QUE ESTÁN NA NOSA BIBLIOTECA, COMO FONDO MUSICAL: "BRINCA VAI" E "EXTRA"

           E NUNCA DEIXEDES DE BRINCARRRRRRRRRRRRRRRRR!!!!

   

 

 

EXCURSIÓN A MARCELLE

Chegou o gran día! a nosa primeira excursión en autobús! Foi un día divertido, cheo de emocións e rodead@s de animais! Sen ningunha dúbida, lembraremos esta xornada como unha das máis especiais do curso. 

  

 

 

 

 

 

 

 

MATES MANIPULATIVAS: O DIÑEIRO.

Na sesión de mates do venres estivemos a recoñecer os billetes e moedas, aprendemos a facer trocos sinxelos, sumas... Outro xeito de traballar os números na nosa contorna.

 

 

DE EXCURSIÓN A MARCELLE

DESPOIS DE 2 ANOS SEN PODER FACER ACTIVIDADES CONXUNTAS NIN SAÍDAS, TIÑAMOS MOITAS GAÑAS DE GOZAR DUNHA XORNADA LÚDICA EN GRUPO.

NESTE CASO, A EXCURSIÓN A MARCELLE, FOI MOI DESEXADA E NON LLES DEFRAUDOU. E ADEMÁIS O TEMPO METEREOLÓXICO (CANDO A PREVISIÓN ERA DE CHUVIA) ACOMPAÑOULLES DURANTE A VISITA PARA PODER GOZAR E VER DE PRETO MOITOS ANIMAIS QUE ALÍ SE ATOPAN EN SEMILIBERDADE, POLO MENOS AO AIRE LIBRE, NOS SEUS ESPAZOS ACONDICIONADOS PARA CADA ESPECIE.

SE CADRA PODÍAMOS POÑER UN PERO NA DURACIÓN DA VIAXE NO BUS; FÍXOSES ALGO LONGA MÁIS AGUANTARON COMO CAMPIÓNS E CAMPIONAS, E MERECEU A PENA. A SÚA SATISFACCIÓN E AS GAÑAS DE VOLVER DE NOVO, SON INDICATIVO DE QUE A EXCURSIÓN FOI MOI MOI BEN

GRAZAS AO MONITORADO DE MARCELLE PORQUE FORON XENIAIS COAS NOSAS CRIANZAS, PERO TAMÉN ELES QUEDARON MOI CONTENT@S POLO COMPORTAMENTO DO NOSO ALUMNADOSorrisoSorriso

                         PREPARAD@S PARA MARCHAR!!!

 

   CHEGAMOSSSSorriso. TOMANDO UNHA GALLETIÑA PARA EMPEZAR O CAMIÑO!!!

              VISITANDO O PARQUE!!!

        XANTANDO XUNT@S PARA REPOÑER ENERXÍA!!!

  GRAZASSS Á NOSA MONITORA TAMARA POR ACOMPAÑARNOS NESTA XORNADASorriso

           ATA OUTRAAAAAAAAAAAAAAAAA!!!SorrisoSorrisoSorriso

MOITOSSS PARABÉNSSSS NOELA, ALMA E ALDÁN

UNHAS DESAS MERENDAS ESPECIAIS QUE NOS GUSTAN, SON OS FESTEXOS DOS ANIVERSARIOS D@S COMPAÑEIR@S.

NESTE MES DE MAIO, OS NOSOS MELLORES PARABÉNSSSSSS PARA NOELA, ALMA E ALDÁN, QUE XA CUMPLEN 6 ANIÑOS E SE FAN MAIORESBeso

 E QUE CUMPLADESSSS MOITOSSSS MÁISSSSS!!!!!!BesoSorrisoSorriso

  

    

ENSALADA RAMALLOSEIRA

Apañamos as leitugas coa axuda da nosa cociñeira Elena. Axudounos a escoller as mellores para o menú do comedor. Moitas grazas!

   

 

O NOSO NÚMERO DE PÉ

Estivemos a procurar no noso calzado o número. Utilizamos un medidor que trouxo o noso compañeiro Dani para saber cantos centímetros miden os nosos pés. Ordenamos os tamaños de menor a maior e agrupamos os iguais. 

 

 

ANIVERSARIOS 3º TRIMESTRE

Neste terceiro trimestre, a Sara, o Unai e a Carlota xa teñen 6 anos! Celebrámolo dando as voltas arredor do sol, cantando e coa elaboración do noso presente especial: "Palabras de agasallo polo meu aniversario".

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut