Skip to Content

Blogues

enderezos de xogos e recursos musicais

Páxina de musicaenalcala.com con múltiples xogos musicais para a educación primaria

Grupo de 3º B

 

Ola a todos e todas, somos o grupo de 3º B; xunto coa nosa titora, pretendemos darvos  a coñecer dende aquí, as actividades que imos facendo na aula, as nosas opinións sobre o que lemos e sobre o que pasa no noso cole.

Somos vinte e tres, traballamos bastante e falamos moito máis; pero os nosos profes, que teñen moita paciencia, conseguen que aprendamos. Levámonos ben, aínda que ás veces temos algunhas liortas (pequeniñas).

 

Cabazas e máis cabazas!

Hoxe, fomos tódolos grupos do cole a visitar a exposición do Samaín que se montou diante da "biblio". Que pasada!

Había cabazas de todos os tamaños, de diferentes formas; e moitas cunha decoración realmente orixinal: Papá Noel, bebé, araña, bruxas, pavo real... Non as contamos pero seguro que eran "tropecentas mil" .

Vaia derroche de imaxinación e habilidade plástica tivo o alumnado e as súas familias! A ver se mañá veñen os pais e nais ao magosto e ven o chula que quedou a exposición!!!!

Concerto no auditorio

 

O luns , os alumnos e alumnas de 5º de Primaria fomos ao auditorio a ver unha representación dunha ópera.

Distribuir contido


by Dr. Radut