Skip to Content

Blogue de admin

Biblioteca creativa

O Día 7 de febreiro de 2023 celébrase o Día da Internet Segura. Co fin de instruir aos menores, e ás súas familias, nas boas prácticas no uso da Internet, publicamos e entregamos este tríptico á comunidade educativa. Esperamos que vos serva de guía.

TRIPTICO INTERNET SEGURO FOR KIDS.

 

A biblioteca comeza a amosarse coma un espazo multidiscplinar para a innovación e a creatividade. Neste curso, ims darlle un pulo importante, ampliando a bilioteca cara o futuro espazo de Polos Creativos.

A biblioteca sae do seu espazo físico e todo o centro comeza a "ser biblioteca".

Pretendemos incorporar á biblioteca escolar espazos e servizos baseados na idea de “aprender facendo”.

Para elo, trasformamos a biblioteca nun "Espazo Maker", no que os usuarios sexan os protagonistas, os responsables de crear, inventar e/ou aprender.

Durante este curso escolar fomos medrando e incorporando novas funcionalidades á nosa bibliioteca. Actualmente contamos cun "espazo maker" no que temos:

  • Xogos de construción LEGO e GEOMAX
  • Rincón de robótica
  • Microscopio electrónico
  • Rincón das TICs con tres equipos a dispor do alumnado.
  • Zona de impresión 3D

No curso 2022-2023, seguimos traballando coa impresora 3D, deseñando de forma libre figuras de diferentes estilos, rematando e redeseñando os carteis das aulas de toda a primaria e outros agasallos do centro. Quedan pendentes os carteis das aulas das especialidades e outras dependencias.

Tamén fixemos uns chaveiros co nome do colexio para agasallar ás visitas, e outras figuras.

Ademais destas actividades coa impresora 3D, se están a realizar moitas actividades STEM no colexio, a través da Biblioteca Creativa.

Premendo aqui podedes ver unha presentación de todo o traballo desenvolvido neste curso 2022-2023.

 

No marco das actividades realizadas no proxecto de Club de Ciencia que se está a desenvolver no colexio, presentamos aquí algunhas das actividades que se levaron a cabo neste ano. Premer AQUI para ver unha reportaxe fotográfica.

 

AS NOSAS ACTIVIDADES.

 

Programa de Educación Responsable e Emocional.

Durante este mes publicaremos cada día unha actividade que podedes facer no colexio ou na casa coas vosas familias.

EMOCIONADEVOS CO NADAL!!

DECEMBRO: Mes das emocións.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Coma actividade final de todo o colexio, neste primeiro ano de participación no programa de educación responsable e emocional, fixemos un coro e presentamos tres cancións. Aqui podedes ver un pequeno resumo.

PINCHADE AQUI.

 

 

 

ACTIVIDADES STEM NO COLEXIO. 2021-2022

 

 Programa D´tec 2021-2022.

Este programa, que está a realizar o alumnado de 6º A pretende achegar ás rapazas e rapaces ao mundo dos novos materiais e á súa evolución.

O obxectivo é que se convirtan en investigadoras e investigadores e experimenten coas propiedades dos materiais.

O guión desta actividade é o seguinte:

Conceptos básicos.
1.1. Os materiais..un pouco de historia.
1.2. Ampliación.
1.3. Que entendemos por novos materiais?
2. Detectives de materiais.
2.1. Pintura case negra.
2.2. Cinta gecko.
2.3. Area hidrofóbica.
2.4. Hidroxeles.
2.5. O plástico. Un problema ambiental.
3. Investigando os polímeros.
3.1. Investigando os polímeros.
3.2. Deseñando e construíndo con plásticos
3.3. Construción de pelotas saltarinas.
4. Creando biomateriais.
5. Proxecto final.

A través dos experimentos realizados o alumnado coñece, de primeira man, os novos materiais que hai, as súas propiedades, e as aplicacións prácticas deses materiais na vida diaria.

Premedo aqui podedes aceder a unha presentación das actividades.

                      

Club de Ciencia 2021-2022.

O club de Ciencia ten uns obxectivos moi claros e definidos:

  • Realizar preguntas, formular hipóteses, aplicar teorías, reflexións, análises e sínteses para comprender os procesos que permiten aproximarse ao coñecemento científico.
  • Establecer relacións entre feitos da vida cotiá e a súa explicación científica.
  • Coñecer e comprender algúns fenómenos con actitude de interese e desfrute.
  • Observar e interpretar fenómenos e feitos da vida cotiá mediante una serie de experimentos.
  • Analizar e elixir a hipótese que parece resolver axeitadamente o problema proposto.
  • Formular una conclusión para explicar a hipótese.

“Siempre he partido de que al educar al futuro científico, el desarrollo de sus facultades creadoras tiene una importancia excepcional y por eso se las debe desarrollar desde la escuela y cuanto antes mejor" (P. L. Kapitza, Premio Nobel de Física de 1978).

A pretensión do club de ciencia é desenvolver a competencia científico-tecnolóxica a través de pequenos e sinxelos experimentos e a manipulación, fomentando no alumnado o pensamento científico e traballando ao mesmo tempo a coeducación, a inclusión e igualdade dando as mesmas oportunidades a todo o alumnado.

Neste curso, desde a Biblioteca Escolar, que forma parte do PLAMBE 8, estamos a realizar un proxecto titulado "Maxia, ou Ciencia".

Premendo aqui podedes ver as actividades do curso 2021-2022.

Aqui tedes un pequeno reportaxe das actividades realizadas no primeiro trimestre do curso 2021-2022.

                     

                     

 

 

 

Robótica Educativa 2021-2022.

Coma continuidade do traballo efectuado anos pasados, este curso ampliamos as actividades de robótica a practicamente todo o alumnado do colexio.            

A través do proxecto o centro pretende desenvolver unha metodoloxía diferente, innovadora e, sobre todo, creativa; para conseguir que o alumnado de hoxe afronte con eficacia os desafíos de mañán.
    O Proxecto comezou no curso 2018-2019, cunha filosofía de continuidade e ampliación a outros niveis de educación primaria e neste ano traballan neste eido os alumnos e alumnas doutros niveis educativos.

 

Biblioteca Creativa 2021-2022.

No marco do proxecto de biblioteca creativa, estamos a converter a nosa biblioteca, respectando o protocolo sanitario actual, nun lugar de creación, experimentación, investigación e busca de información, lectura, etc.

O obxectivo é promover a expresión oral, a alfabetización múltiple, o razoamento lóxico, a apredizaxe manipulativa, o xogo, a investigación e o traballo colaborativo. 

 

 

 

Proxectos Medioambientais 2021-2022.

Proxecto Voz Natura

O proxecto Voz Natura que estamos a desenvolver neste curso aborda o tema de educación medioambiental desde o mantemento e coidado no horto escolar.

O noso horto escolar é un instrumento pedagóxico-didáctico para estimular, motivar e mentalizar á comunidade escolar cara ó respecto e o coidado do medioambiente.


 

CLAUSTRO DE MESTRAS E MESTRES.

A relación de profesorado do centro no curso 2021-2022 é a seguinte:

4º nivel de Educación Infantil: Dna. Susana Iglesias Ogando

5º nivel de Educación Infantil: Dna. María Dolores García Martínez 

6º nivel de Educación Infantil: Dna. Cristina María García Rodiño

Apoio a Educación Infantil: Dna. Patricia Sánchez Nieto

1º nivel de primaria: Dna. Isabel A. Vaquero Sánchez

2º nivel de primaria: Dna. María del Carmen Leal Santamaría

3º nivel de primaria: Dna. Mª del Pilar Rodríguez Acevedo

4º nivel de primaria: Dna. Mª del Concepción Carballo Carballa

5º nivel de primaria: Dna. Patricia Fragueiro Barros

 6º nivel de primaria A: D. Manuel Fontán Teso

6º nivel de primaria B: D. Jesús J. Silva Andrade

Mestra de Relixión Católica: Dna. Hermitas Villanueva Martínez

Mestre especialista en Educación Física: Dna. Sara Sánchez Nieto.

Mestra especialista en Música: Dna. María Isabel Fenández Hermida

Mestra especialista en Idioma Estranxeiro (Inglés): Dna Elisa Pais López

Mestra especialista en Pedagoxía Terapéutica: Dna. María Dolores Carballal Pérez

Mestre especialista en Audición e Linguaxe: Dna. Pamela Trelles Martínez

Orientadora: Dna. Ana Bao Aldao

LOCALIZACIÓN DO COLEXIO

O colexio está situado no Camiño da Fernanda nº 36 en Lourido.

A súa localización pódese ver premendo AQUI.

Departamento de Orientación

Programa de Educación Responsable e Emocional.

Desde hai varios anos o centro está a traballar nun programa para desenvolver unha educación responsable e emocional. Este programa promove o desenrolo emcional, social e creativo do alumnado, potenciando o seu talento e creatividade para axudarlles a ser autónomos, competentes, solidarios e felices. Nestes momentos, mais de 700 centros educativos de todo o mundo forman parte da Rede de Centros de Educación Responsable. Deixamos aqui varios documentos de axuda para pais e nais que estean interesados no tema. Esperamos que resulten interesantes para todas e todos.

Programa de desarrollo emocional. Actividades en casa.

Programa de desarrollo emocional. Actividades para padres y madres.

 

 

Pautas para traballar a lateralidade.

Co fin de afianzar a lateralidade do alumnado máis cativo, o departamento de orientación publica unha serie de pautas para traballar a lateralidade no seo familiar. Esperamos que serva de axuda.

Pautas para traballar a lateralidade na familia.

 

INICIATIVA ARCO 2020-2021

Durante o curso 2020-2021, o colexio participa na convocatoria ARCO co fin de avanzar cara á consecución dunha escola de calidade e inclusiva que responda ás necesidades de todo o alumnado.
A través desta iniciativa, se apoiará ao alumnado para a mellora do seu rendemento académico e o éxito escolar.

Esta iniciativa, convocada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, conta coa financiación do Fondo Social Europeo.

 

 

O Departamento de Orientacion creou un blog para compartir recursos coa comunidade escolar do colexio:

https://orientacionceiplourido.wordpress.com/

Queridas Familias,

Nestes momentos de situación límite para moitos membros da nosa comunidade educativa queremos compartir convoso dende o Departamento de Orientación do C.E.I.P Lourido diferentes tipos de orientacións para este días.

Nunca antes experimentaramos algo así!!!. Algúns nenos e nenas senten medo coma nós agora mesmo e poden escoitar todo o que está a suceder ao seu redor, senten a nosa tensión e ansiedade, polo que algúns poderán ver un aumento de problemas de comportamento na casa.... Xa sexa ansiedade, ira ou protesta porque non poder facer cousas habituais con normalidade; tamén veredés maís desgustos e levarán máis a contraria do habitual.....Tranquilos !!!, isto é o esperado nestas circunstancias.

Para mellorar as relacions familiares lembrade algunhas orientación para unha disciplina positiva na casa:

É importante facer unha asamblea, unha reunión diaria da familia ( sempre a mesma hora a poder ser) para falar do que sinten e axúdarlles a falar e expresar as súas emocións, dúbidas, medos, inquetanzas. Tamén serve para decidir que actividades se van a realizar todos os días e que non están suxeitas a modificacións nin a negociacións (horario comidas, tarefas escolares e responsabilidades familiares).

A actitude que vos vexan é a que van a adoptar os vosos fillos e fillas, procurade manter a calma nas conversacións e nos actos.

Transmitídelles que a responsabilidade neste momento é de todos empezando pola propia casa, onde cada un terá as súas.

Procurade xestionar racionalmente o tempo da dedicación ás redes sociais e ás pantallas en xeral.

Na medida das vosas posibilidades, xogade con eles e ellas, facede paseos de conversa pola casa, facede galleas, pintade, xogade a xogos de mesa, vede películas xuntos, comenzade un libro e lelo  en familia....

E moi importante aprender a aburrirse para que poidan desenvolver a súa imaxinación.

No vos preocupedes por se queda atrás na escola. Lembremos que tod@s estamos pasando por unha situación de estres transitoria e que non todo son cuestións acadmémicas, non esquezamos o eido emocional do alumando.

Queda na casa a salvo!!!!

 Deixovos unhs enlaces de interese.

1.      A guía que publicou educación para a aprendizaxe a distancia durante a suspensión das clases.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30577

 

2.      Guía de como xestionar a situación do coronavirus cos nosos fillos.

http://www.orientacionandujar.es/2020/03/12/mipsicologainfantil-gestionar-la-situacion-del-coronavirus-con-nuestros-hijos-e-hijas/

 

3.      Páxina con varios enlaces a vídeos educativos e ideas de xogos na casa

http://roble.pntic.mec.es/arum0010

 

4.      Ebook gratuito con muchas recetas para hacer con los niños.

http://www.ayudaparamaestros.com/2020/03/e-book-gratuito-recetario-divertido-con.html?fbclid=IwAR031BshwFE2YQ_n8plpVeWchPyaUmhlC_QMEfZsiuOgK7-7fKnaSU3HC2s

 

            Calquera dúbida non dubidedes en poñeros en contacto comigo a través do seguinte Email:                                                                     anabao@edu.xunta.gal

 

 

Plan de Convivencia:

No marco do plan de convivencia do colexio, realizamos diferentes accións de cara a fomentar unha convivencia pacífica entre todos os membros da comunidade escolar.

Entre estas accións destacan:

  • Decoración das escaleiras de subida á prmeira planta cos mensaxes para unha boa convivencia.
  • Xogos cooperativos no recreo, de xeito voluntario (tres en liña, peletres, corda, goma, o pano, busca do tesouro, reto escornabótico e outros.

Plan de Igualdade.

No marco do plan de igualdade faremos actividades variadas para potenciar, entre o noso alumnado e en toda a comunidade educativa, a igualdade entre todas as persoas; independentemente das súa condición persoal.

Proximamente publicaremos neste web unha variedade de documentos que cremos axudarán a toda a comunidade educativa neste eido.

Iniciamos a serie de publicacións que pretenden axudar a comprender mellos diversos feitos que poden acontecer nun grupo de persoas.

O primeiro deles titúlase "Maltrato entre iguais". Nel trátase de aclarar ben que é que non é maltrato e cal debe ser a nosa actitude ante situacións que observamos. En realidade a conclusión final é a seguinte: "Trata sempre aos compañeiros/as coma quixeras que te trataran a ti".

A segunda publicación que queremos compartir ven a suxerirnos unha serie de hábitos e normas para fomentar a "Educación da Autonomía".

Dependencias do colexio.

O colexio conta con nove aulas, tres para educación infantil e seis para educación primaria. Tamén conta con:

  • Aula de Música
  • Aula de Inglés
  • Aula de Informática
  • Sala de Audiovisuais
  • Aula de Apoio en Pedagoxía Terapéutica
  • Aula de Apoio en Audición e Linguaxe

Todas as aulas do colexio contan con conexión a internet, cañon e pizarra dixital.

 

ACTIVIDADES REALIZADAS POLO ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA.

 INICIO DAS ACTIVIDADES DO CURSO 2023-2024

Tríptico informativo de 5º nivel de primaria.

Tríptico informativo de 6º nivel de primaria.

 

Presentación das materias de 5º nivel:

Lingua Castelá, Lingua Galega, Matemáticas, Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Música, Lingua Estranxeira (Inglés), Relixión Católica, Plástica, Educación Física, Valores Sociais.

Presentación das materias de 6º nivel:

Lingua Castelá, Lingua Galega, Matemáticas, Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Música, Lingua Estranxeira (Inglés), Educación Física, Relixión Católica, Plástica, Valores Sociais.

 

Proxecto Edixgal.

O alumnado, profesorado e familias participantes nesta iniciativa dispoñen dunha serie de elementos, que lles permiten desenvolver un ensino dixital: aulas dixitais, equipamento de alumnado e profesorado de uso persoal, un entorno virtual de aprendizaxe, variedade de contidos dixitais, programas de formación, ferramentas de intercomunicación e colaboración.

No seguinte enlace, pódese ver toda a información para as familias participantes no proxecto. É de destacar a infomación sobre o servizo de seguro opcional para o portátil (páxina 6 do folleto que se pode descargar desde aquí).

 Neste espazo subiremos as actividades que se desenvolvan durante o curso 2023-2024 por parte do alumnado deste ciclo.

Aqui podedes ver unha mostra de obxectos deseñados e impresos polo alumnado do ciclo para a súa venda no mercadiño solidario do mes de decembro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Entre as actividades do Club de Ciencia temos:

Empezamos no mes de novembro con algúns experimentos, e, no mes de decembro, adicamos unha semana á ciencia igualitaria.

Mais abaixo podedes ver algunhas das actividades, pero aqui tedes unha recompilación de todas elas.

Estivemos vendo e coñecendo o interior dun ser humano gracias á aplicación Virtuali-tee.

 

 

Propuxemos un reto aos participantes no Club de Ciencia:

  • Poderíamos inflar un globo sen soplar?

Aqui temos a resposta:

 Durante o curso fixemos unha chea de experimentos, no marco do Club de Ciencia. Aqui tedes algunha fotos.

 

 

 

 Buscamos o ADN nun plátano.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Empregamos a impresora 3D para a realización de diferentes actividades do colexio, e tamén realizamos varios obradoiros de Tinkercad para que o alumnado deseñase as súas propias producións.

 

Educación Infantil CEIP de Lourido.

INICIO DAS ACTIVIDADES DO CURSO 2021-2022

As actividades realizadas na Educación Infantil tamén se poden seguir a través da Aula Virtual do Centro.

Presentación das materias de 4º nivel de Educación Infantil.

Presentación da materia de Educación Artística. 4º nivel de E.I.

Presentación das materias de 5º nivel de Educación Infantil.

Presentación da materia de Educación Artística. 5º nivel de E.I.

Presentación das materias de 6º nivel de Educación Infantil.

Presentación da materia de Educación Artística. 6º nivel de E.I.

Aquí tedes o blog de educación infantil; premendo nos apartados que vedes á dereita na imaxe, encontraredes os blogs de cada aula.

http://lourinfantil.blogspot.com/

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut