Skip to Content

Orientación

Departamento de Orientación

Programa de Educación Responsable e Emocional.

Desde hai varios anos o centro está a traballar nun programa para desenvolver unha educación responsable e emocional. Este programa promove o desenrolo emcional, social e creativo do alumnado, potenciando o seu talento e creatividade para axudarlles a ser autónomos, competentes, solidarios e felices. Nestes momentos, mais de 700 centros educativos de todo o mundo forman parte da Rede de Centros de Educación Responsable. Deixamos aqui varios documentos de axuda para pais e nais que estean interesados no tema. Esperamos que resulten interesantes para todas e todos.

Programa de desarrollo emocional. Actividades en casa.

Programa de desarrollo emocional. Actividades para padres y madres.

 

 

Pautas para traballar a lateralidade.

Co fin de afianzar a lateralidade do alumnado máis cativo, o departamento de orientación publica unha serie de pautas para traballar a lateralidade no seo familiar. Esperamos que serva de axuda.

Pautas para traballar a lateralidade na familia.

 

INICIATIVA ARCO 2020-2021

Durante o curso 2020-2021, o colexio participa na convocatoria ARCO co fin de avanzar cara á consecución dunha escola de calidade e inclusiva que responda ás necesidades de todo o alumnado.
A través desta iniciativa, se apoiará ao alumnado para a mellora do seu rendemento académico e o éxito escolar.

Esta iniciativa, convocada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, conta coa financiación do Fondo Social Europeo.

 

 

O Departamento de Orientacion creou un blog para compartir recursos coa comunidade escolar do colexio:

https://orientacionceiplourido.wordpress.com/

Queridas Familias,

Nestes momentos de situación límite para moitos membros da nosa comunidade educativa queremos compartir convoso dende o Departamento de Orientación do C.E.I.P Lourido diferentes tipos de orientacións para este días.

Nunca antes experimentaramos algo así!!!. Algúns nenos e nenas senten medo coma nós agora mesmo e poden escoitar todo o que está a suceder ao seu redor, senten a nosa tensión e ansiedade, polo que algúns poderán ver un aumento de problemas de comportamento na casa.... Xa sexa ansiedade, ira ou protesta porque non poder facer cousas habituais con normalidade; tamén veredés maís desgustos e levarán máis a contraria do habitual.....Tranquilos !!!, isto é o esperado nestas circunstancias.

Para mellorar as relacions familiares lembrade algunhas orientación para unha disciplina positiva na casa:

É importante facer unha asamblea, unha reunión diaria da familia ( sempre a mesma hora a poder ser) para falar do que sinten e axúdarlles a falar e expresar as súas emocións, dúbidas, medos, inquetanzas. Tamén serve para decidir que actividades se van a realizar todos os días e que non están suxeitas a modificacións nin a negociacións (horario comidas, tarefas escolares e responsabilidades familiares).

A actitude que vos vexan é a que van a adoptar os vosos fillos e fillas, procurade manter a calma nas conversacións e nos actos.

Transmitídelles que a responsabilidade neste momento é de todos empezando pola propia casa, onde cada un terá as súas.

Procurade xestionar racionalmente o tempo da dedicación ás redes sociais e ás pantallas en xeral.

Na medida das vosas posibilidades, xogade con eles e ellas, facede paseos de conversa pola casa, facede galleas, pintade, xogade a xogos de mesa, vede películas xuntos, comenzade un libro e lelo  en familia....

E moi importante aprender a aburrirse para que poidan desenvolver a súa imaxinación.

No vos preocupedes por se queda atrás na escola. Lembremos que tod@s estamos pasando por unha situación de estres transitoria e que non todo son cuestións acadmémicas, non esquezamos o eido emocional do alumando.

Queda na casa a salvo!!!!

 Deixovos unhs enlaces de interese.

1.      A guía que publicou educación para a aprendizaxe a distancia durante a suspensión das clases.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30577

 

2.      Guía de como xestionar a situación do coronavirus cos nosos fillos.

http://www.orientacionandujar.es/2020/03/12/mipsicologainfantil-gestionar-la-situacion-del-coronavirus-con-nuestros-hijos-e-hijas/

 

3.      Páxina con varios enlaces a vídeos educativos e ideas de xogos na casa

http://roble.pntic.mec.es/arum0010

 

4.      Ebook gratuito con muchas recetas para hacer con los niños.

http://www.ayudaparamaestros.com/2020/03/e-book-gratuito-recetario-divertido-con.html?fbclid=IwAR031BshwFE2YQ_n8plpVeWchPyaUmhlC_QMEfZsiuOgK7-7fKnaSU3HC2s

 

            Calquera dúbida non dubidedes en poñeros en contacto comigo a través do seguinte Email:                                                                     anabao@edu.xunta.gal

 

 

Plan de Convivencia:

No marco do plan de convivencia do colexio, realizamos diferentes accións de cara a fomentar unha convivencia pacífica entre todos os membros da comunidade escolar.

Entre estas accións destacan:

  • Decoración das escaleiras de subida á prmeira planta cos mensaxes para unha boa convivencia.
  • Xogos cooperativos no recreo, de xeito voluntario (tres en liña, peletres, corda, goma, o pano, busca do tesouro, reto escornabótico e outros.

Plan de Igualdade.

No marco do plan de igualdade faremos actividades variadas para potenciar, entre o noso alumnado e en toda a comunidade educativa, a igualdade entre todas as persoas; independentemente das súa condición persoal.

Proximamente publicaremos neste web unha variedade de documentos que cremos axudarán a toda a comunidade educativa neste eido.

Iniciamos a serie de publicacións que pretenden axudar a comprender mellos diversos feitos que poden acontecer nun grupo de persoas.

O primeiro deles titúlase "Maltrato entre iguais". Nel trátase de aclarar ben que é que non é maltrato e cal debe ser a nosa actitude ante situacións que observamos. En realidade a conclusión final é a seguinte: "Trata sempre aos compañeiros/as coma quixeras que te trataran a ti".

A segunda publicación que queremos compartir ven a suxerirnos unha serie de hábitos e normas para fomentar a "Educación da Autonomía".

Distribuir contido


by Dr. Radut