Skip to Content

Escolares

AS NOSAS ACTIVIDADES.

 

Programa de Educación Responsable e Emocional.

Durante este mes publicaremos cada día unha actividade que podedes facer no colexio ou na casa coas vosas familias.

EMOCIONADEVOS CO NADAL!!

DECEMBRO: Mes das emocións.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Coma actividade final de todo o colexio, neste primeiro ano de participación no programa de educación responsable e emocional, fixemos un coro e presentamos tres cancións. Aqui podedes ver un pequeno resumo.

PINCHADE AQUI.

 

 

 

ACTIVIDADES STEM NO COLEXIO. 2021-2022

 

 Programa D´tec 2021-2022.

Este programa, que está a realizar o alumnado de 6º A pretende achegar ás rapazas e rapaces ao mundo dos novos materiais e á súa evolución.

O obxectivo é que se convirtan en investigadoras e investigadores e experimenten coas propiedades dos materiais.

O guión desta actividade é o seguinte:

Conceptos básicos.
1.1. Os materiais..un pouco de historia.
1.2. Ampliación.
1.3. Que entendemos por novos materiais?
2. Detectives de materiais.
2.1. Pintura case negra.
2.2. Cinta gecko.
2.3. Area hidrofóbica.
2.4. Hidroxeles.
2.5. O plástico. Un problema ambiental.
3. Investigando os polímeros.
3.1. Investigando os polímeros.
3.2. Deseñando e construíndo con plásticos
3.3. Construción de pelotas saltarinas.
4. Creando biomateriais.
5. Proxecto final.

A través dos experimentos realizados o alumnado coñece, de primeira man, os novos materiais que hai, as súas propiedades, e as aplicacións prácticas deses materiais na vida diaria.

Premedo aqui podedes aceder a unha presentación das actividades.

                      

Club de Ciencia 2021-2022.

O club de Ciencia ten uns obxectivos moi claros e definidos:

  • Realizar preguntas, formular hipóteses, aplicar teorías, reflexións, análises e sínteses para comprender os procesos que permiten aproximarse ao coñecemento científico.
  • Establecer relacións entre feitos da vida cotiá e a súa explicación científica.
  • Coñecer e comprender algúns fenómenos con actitude de interese e desfrute.
  • Observar e interpretar fenómenos e feitos da vida cotiá mediante una serie de experimentos.
  • Analizar e elixir a hipótese que parece resolver axeitadamente o problema proposto.
  • Formular una conclusión para explicar a hipótese.

“Siempre he partido de que al educar al futuro científico, el desarrollo de sus facultades creadoras tiene una importancia excepcional y por eso se las debe desarrollar desde la escuela y cuanto antes mejor" (P. L. Kapitza, Premio Nobel de Física de 1978).

A pretensión do club de ciencia é desenvolver a competencia científico-tecnolóxica a través de pequenos e sinxelos experimentos e a manipulación, fomentando no alumnado o pensamento científico e traballando ao mesmo tempo a coeducación, a inclusión e igualdade dando as mesmas oportunidades a todo o alumnado.

Neste curso, desde a Biblioteca Escolar, que forma parte do PLAMBE 8, estamos a realizar un proxecto titulado "Maxia, ou Ciencia".

Premendo aqui podedes ver as actividades do curso 2021-2022.

Aqui tedes un pequeno reportaxe das actividades realizadas no primeiro trimestre do curso 2021-2022.

                     

                     

 

 

 

Robótica Educativa 2021-2022.

Coma continuidade do traballo efectuado anos pasados, este curso ampliamos as actividades de robótica a practicamente todo o alumnado do colexio.            

A través do proxecto o centro pretende desenvolver unha metodoloxía diferente, innovadora e, sobre todo, creativa; para conseguir que o alumnado de hoxe afronte con eficacia os desafíos de mañán.
    O Proxecto comezou no curso 2018-2019, cunha filosofía de continuidade e ampliación a outros niveis de educación primaria e neste ano traballan neste eido os alumnos e alumnas doutros niveis educativos.

 

Biblioteca Creativa 2021-2022.

No marco do proxecto de biblioteca creativa, estamos a converter a nosa biblioteca, respectando o protocolo sanitario actual, nun lugar de creación, experimentación, investigación e busca de información, lectura, etc.

O obxectivo é promover a expresión oral, a alfabetización múltiple, o razoamento lóxico, a apredizaxe manipulativa, o xogo, a investigación e o traballo colaborativo. 

 

 

 

Proxectos Medioambientais 2021-2022.

Proxecto Voz Natura

O proxecto Voz Natura que estamos a desenvolver neste curso aborda o tema de educación medioambiental desde o mantemento e coidado no horto escolar.

O noso horto escolar é un instrumento pedagóxico-didáctico para estimular, motivar e mentalizar á comunidade escolar cara ó respecto e o coidado do medioambiente.


 

Distribuir contido


by Dr. Radut