Skip to Content

Benvidos e benvidas ao CEIP de Lourido

Benvidos ao CEIP de Lourido. Curso 2023-2024.

Este mural quere representar o noso centro e o concello de Poio (lugares emblemáticos, as nosas mariscadoras e mariscadores, as praias, a actividade pesqueira e as actividades no colexio). Esperamos que sexa do agrado de toda a comunidade escolar.

Unha vez rematado o prazo do proceso de solicitude de admisión de alumnado para o curso 2024-2025, TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS ESTÁN ADMITIDAS. Durante o mes de abril informaremos sobre a finalización do proceso.

Un saúdo.

 Moitas grazas pola confianza amosada. Ver a reportaxe.

 

Apertura do proceso de admisión de alumnado para o curso 2024-2025.

Pódese contactar co centro para solicitar unha visita guiada ás instalacións e coñecer o noso proxecto educativo.

Os contactos son: ceip.lourido@edu.xunta.gal ou o teléfono 886151458.

 

O proceso de solicitude de admisión comenza o 1 de marzo e remata o día 20 do mesmo mes.

As solicitudes de admisión se poden entregar cubertas no centro; ou tramitalas electrónicamente na aplicación de admisión de alumnado. Dende os seguintes enlaces se pode descargar a solicitude, ou ben facer o trámite alectrónico:

Impreso de solicitude de admisión.

Enlace á aplicación informática de admisión de alumnado.

Un saúdo.

 

Información sobre o servizo de comedor escolar e Plan Madruga para o curso 2023-2024 no apartado da ANPA desta web. A ANPA e o Concello de Poio renovan a subvención de 1,5 € por alumno/a e día para o comedor escolar do curso 2023-2024. Pincha AQUI.

 

 

Inícianse as actividades cara ao proxecto de mobilidade sostible e segura durante o curso 2023-2024, en colaboración con entidades públicas e privadas (Policía Local de Poio, FANPA e outras). O vindeiro 13 de setembro haberá unha xornada de seguridade viaria para nenas e nenos de 3 a 12 anos de idade. Deberán asistir acompañados dun adulto.

        

 

O Concello de Poio, en colaboración coa ANPA do centro, acondicionou un espazo para aparcamento público nas inmediacións do colexio. Pregamos fagan uso deste espazo para poder achegarse ao colexio con maior seguridade e comodidade.

 

O CEIP de Lourido publica o seu Plan Dixital de Centro para os vindeiros cursos. A partires do curso 2022-2023 comezaremos a levar a cabo as accións previstas nel. Este á un plan "vivo"; suxeito a modificacións en función do grao de satisfacción que se teña con cada unha das actividades programadas.

 

 

 AVISO PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA:

Segundo a Orde de 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia; modificánse, na concreción curricular do centro, os criterios de promoción.

Se produce  a promoción automática nos cursos 1º, 3º e 5º de primaria.

 

Programa de Educación Responsable e Emocional.

A partires do mes de novembro se iniciarán as diferentes actividades enmarcadas no programa de educación responsable e emocional do colexio. O seguimento destas actividades se podera facer a través do seguinte enlace.

Nos apartados de educación primaria (menú da dereita) pódense atopar os trípticos informativos de inicio de curso de cada un dos nivei 

Emprego da plataforma AbalarMóbil coma canle de comunicación coas familias.

Prégámoslle descargue a citada aplicación, seguindo as instruccións que se citan no seguinte folleto.

 

Benvidos ao CEIP de Lourido

O C.E.I.P. de Lourido é un centro escolar público que se encontra situado no Concello de Poio. Consta de tres unidades de educación infantil e seis de educación primaria.

O horario de actividades docentes é de nove da mañá ás dúas da tarde. Conta cos servizos de Plan Madruga e Comedor Escolar, polo que o horario de atención ao alumnado comenza ás sete e media da mañá e remata as catro da tarde, hora en que comenzan as diferentes actividades extraescolares programadas.

 

Na páxina web antiga do centro, todavía podedes ver unha gran cantidade de información relativa a outros anos académicos. Premede AQUI.

Noticias de Secretaría

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2023-2024.

Aceso á aplicación Fondo Libros no caso de tramitar a solicitude por vía electrónica.

Enlace para descargar o impreso de solicitude.

Extracto da Orde de axudas:
Primeiro.Beneficiarias
Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:
a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).
b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.
c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

Segundo.Obxecto
As distintas modalidades de axudas teñen como obxecto apoiar as familias con menos
ingresos para dispoñer dos libros de texto e material escolar

Terceiro.Bases reguladoras
Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

Cuarto.Importe
Fondo solidario de libros de texto: financiado cunha dotación total de 9.139.557,00 euros para o ano 2023 e de 400.000,00 euros para o ano 2024.
Axudas de libros de texto: financiadas cunha dotación total de 6.261.400,00 euros para o ano 2023 e de 400.000,00 euros para o ano 2024. Esta actuación está cofinanciada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.
Material escolar: financiado cunha dotación total de 9.225.000,00 euros para o ano 2023
e de 400.000,00 euros para o ano 2024.

Quinto.Prazo de presentación de solicitudes
Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde noDiario Oficial de Galiciae rematará o día 21 de xuño de 2023. O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 2 de abril de 2024.

 

 Información sobre a inscripción no comedor escolar no apartado ANPA desta web.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut